12 de feb. de 2025

EMPREGO

O Concello de A Guarda contratará 10 persoas desempregadas 

 Co Plan +Provincia, a través da liña 3 de activación do emprego 2025




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda creará 10 novos postos de traballo para persoas desempregadas co Plan +Provincia, a través da liña 3 de activación do emprego 2025.  

 Serán 9 postos de peóns limpadores a xornada completa durante 8 meses, e un posto para ordenanza tamén a xornada completa durante 7 meses.  

 As persoas beneficiarias deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados nos códigos CNO correspondentes. Para peón (94431016) e para ordenanza (94311020).  

 Para o posto de peón non existe ningún requerimento académico, mentres que para ordenanza se esixe o título da ESO ou equivalente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario