Luis López amosa o apoio da Deputación, cunha achega de 460.000€, para impulsar programas de loita contra a violencia machista e fomento da igualdade na provincia
• O presidente provincial, acompañado polos deputados Roberto José Álvarez Carrero e Sandra Bastos, visitou o CIM da Guarda, que recibe a máxima colaboración da Deputación e foi recoñecido coa Distinción Honorífica nos primeiros premios Boas Prácticas en Igualdade
Infogauda / A Guarda
Con motivo da apertura do prazo de presentacións de solicitudes de axudas para impulsar programas de loita contra a violencia machista e fomento da igualdade na provincia; que no caso dos Concellos aínda permanecerá aberta ata o vindeiro 27 de febreiro; o presidente Luis López visitou as oficinas do Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda, un centro comarcal de referencia na atención ás vítimas e no desenvolvemento de programas de prevención da violencia de xénero e do fomento da igualdade que presta servizo nos concellos de Tomiño, O Rosal, Oia e Tui, ademais do da Guarda. De feito, o pasado ano a Deputación concedeu o importe máximo, 6.000 euros, para apoiar o desenvolvemento dos seus programas e na primeira edición dos premios Boas Prácticas en Igualdade, impulsados polo executivo provincial, o CIM da Guarda foi recoñecido coa Distinción Honorífica.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca a alianza da Deputación coas distintas administracións municipais e asociacións sen ánimo de lucro da provincia para traballar xuntos pola eliminación da violencia de xénero e avanzar cara unha sociedade máis igualitaria e xusta. Na visita ao Centro de Información á Muller do Concello da Guarda e acompañado polo alcalde e deputado provincial Roberto José Álvartez Carrero e pola deputada de Igualdade, Sandra Bastos Míguez, o mandatario provincial lembrou os 460.000 euros que a Deputación ten este ano, a través de dúas liñas de colaboración, a disposición dos concellos de menos de 20.0000 habitantes (260.000€) e dos colectivos que traballan pola igualdade (200.000€) un programa de subvencións de ata 6.000 euros para os concellos e 7.000 para as asociacións co obxectivo de deseñar estratexias de prevención da violencia machista e atención as súas vítimas.
“Somos un goberno comprometido coa igualdade”, afirmou o dirixente provincial facendo referencia a iniciativas da Deputación como o certame educativo “Ti que pensas da Igualdade”, co incremento dos orzamentos das liñas de liñas de axudas a concellos e entidades sociais para seguir pechando fendas de xénero ou apoiando foros de relevancia nacional como Mulleres que Opinan, que este mércores presentará unha nova edición. “Demostrámolo tamén recoñecendo e premiando o labor de organismos como este CIM da Guarda a través dos novidosos premios Boas Prácticas en Igualdade”, concluíu o presidente Luis López.
Ningún comentario:
Publicar un comentario