ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE ORGANIZADO POLA OMIX DE TOMIÑO
• Comezará o 15 de marzo cunha duración de 200 horas de formación + 150 de prácticas
Infogauda / Tomiño
Aberto o prazo de inscrición para un novo curso de Monitor de Tempo Libre organizado polo Concello de Tomiño. Unha roposta ideal para aquelas persoas que pretendan adquirir formación oficial e experiencia práctica nun eido que abre portas a nivel profesional e aporta coñecementos válidos a nivel persoal.
A través deste curso, poderanse desenvolver as habilidades necesarias para traballar con grupos de infancia, mocidade e/ou terceira idade en actividades de tempo libre, cun enfoque práctico. As persoas asistentes a este curso teñen que ter 18 anos cumpridos e estar en posesión, como mínimo, do graduado escolar, título da ESO ou equivalente.
Inicio: 15 de marzo.
Horario: sábados e domingos de 9 a 14h e de 15:30 a 20:30h.
Prezo: 200€.
Lugar: Escola Obradoiro de Goián.
Duración: 200 horas (fase teórico-práctica) + 150 h. (fase de prácticas).
Ao rematar toda a formación o alumnado acadará o título oficial, expedido pola Xunta de Galicia. Posibilidade de facer as prácticas durante o mes de xullo no noso campamento urbano.
Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 25 persoas.
Requisitos de inscrición: a partir dos 18 anos con título de ESO, graduado escolar ou similar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario