13 de xan. de 2025

OIA

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro  



 

Infogauda / Oia  

 O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición dos obradoiros de teatro veciñal infantil e para persoas adultas. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza, os venres en horario de tarde.  

 O obradoiro comezará o 7 de febreiro e as sesións desenvolveranse os venres no Centro Cultural de Pedornes: o infantil en horario de 18.00 a 19.00 horas, e o de persoas adultas de 19.15 a 21.15 horas.   

 Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a xente de todas as idades, se ben é obrigatorio inscribirse pois as prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar poden apuntarse no rexistro do Concello desde este luns día 13 ata o 30 de xaneiro.  

 En cada unha das súas edicións, o obradoiro reúne a varias decenas de persoas veciñas de diversas as idades, as cales traballan durante varios meses na elaboración e interpretación de distintas pezas teatrais. Como actividade final, as creacións son representadas polo propio alumnado dentro da xornada festiva 6x6 Punto de Encontro que se celebra no barrio do Arrabal.   

 O vídeo-resumo da última edición do 6x6 pode verse na canle de YouTube do Concello nesta ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario