26 de xan. de 2025

DEPORTES

PIRAGÜISMO

IMPRESIONANTE MANU OCHOA NOS CAMPIONATOS DE OCEANÍA 


Manu Ochoa

Informa: Rosa Fernández Carrera

 Unha parte da selección Española de slálom atópase en Penrith, Australia, adestrando con vistas ao Campionato do Mundo que se vai celebrar en outubro nesa canle de augas bravas. Manu Ochoa foi convocado pola Federación para formar parte deste equipo. Aproveitando a súa estancia no lugar todos eles participaron esta fin de semana nos Campionatos de Oceanía de Slálom. Non foi unha competición doada, pois ós deportistas australianos e neocelandeses, cun gran nivel nesta modalidade, uníronse os mellores padexeiros do mundo neste momento, como preparación e antesala aos Campionatos do Mundo a celebrar nesta canle.  

 O venres Manu competiu nas clasificatorias de slálom, en k1. O percorrido transcorreu ben, dentro dos tempos de acceso, pero un fallo no final do circuíto deixárono en trixésimo terceiro lugar, a tres postos de entrar en semifinais.  

 No domingo, Ochoa, participou na modalidade na que é considerado dos mellores do mundo, o caiac cross. A proba comezou coa contra reloxo, que determina os 32 deportistas que pasan a clasificatorias,e o posto  que se te adxudica na saída das loitas. Rematou décimo quinto, un bo posto, pero lonxe da súa potencialidade. Na primeira loita, a de clasificatorias gañou con claridade, pasando a cuartos de final. Tamén superou cuartos, entrando segundo por detrás do británico Leaver. En semifinais tiña adxudicado o peto amarelo, que non te deixa opción a elixir posición de saída, loitou ata o último momento, pero entrou terceiro por detrás do australiano Pope e o francés Madore, quedando fóra de finais. Rematou a competición nun impresionante sexto lugar dun total de sesenta participantes.  

 Un gran comezo de tempada para o teixugo Manuel Ochoa, que do 21 ao 23 de febreiro volverá a competir, nesta ocasión no Open de Australia, tamén a celebrar no Penrith Whitewater Stadium.  

 Por outra banda recordar que o 7 e 8 de febreiro, o Club Deportivo Miño-Teixugos, organiza a XV Taça Ibérica de Slálom en Azenha de Pagade, Covas. Esta tradicional competición que xunta a deportistas de España e Portugal abrirá a tempada 2025 de slálom.

Ningún comentario:

Publicar un comentario