Recomendacións ante a suba de risco de influenza aviaria
Concello de A Guarda
Ante a elevación do nivel de risco de influenza aviaria en España, establécese a prohibición das concentracións de aves de calquera tipo, comerciais ou non (exhibicións, concursos...), tanto de aves de curral como doutras (p. ex. aves ornamentais ou similares).
A Guarda atópase dentro das Zonas de Especial Vixilancia (ZEV), polo que tamén se recomenda ás persoas que posúan granxas avícolas e currais familiares, que eviten ter contacto dunha a outra explotación sen tomar medidas de bioseguridade (lavar mans e roupa). Do mesmo xeito, as persoas que posúan currais e realicen actividades de caza menor a aves deben manter as mesmas prácticas de bioseguridade tras a actividade de caza.
Ademais, aquelas persoas que posúan currais familiares de autoconsumo debe inscribir o seu curral no Rexistro de Explotacións Avícolas da Consellería do Medio Rural, para saber da súa existencia no caso de situacións de emerxencia sanitaria por influenza aviaria en Galicia. Pódese facer a través da sede electrónica da Xunta co formulario MR 501A – Inscrición no rexistro de explotacións avícolas non comerciais.
O serotipo do virus IAAP (coñecido como “gripe aviar”) que circula actualmente, o H5N1, ten unha elevada mortaldade entre as aves, pero un potencial de transmisión ás persoas insignificante. Pola alta capacidade de difusión entre as aves é importante a detección precoz dunha sospeita desta enfermidade e comunicala de inmediato aos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural:
• Zona Veterinaria O Porriño: 986 33 83 44
• Zona Veterinaria Vigo: 986 81 72 41
• Servizo de Atención e Información á Cidadanía: 012
Ningún comentario:
Publicar un comentario