5 de dec. de 2024

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 618 - “Uma Mulher sob Influência” de John Cassavetes  

Sexta-feira, 06 de dezembro às 21:45 no Auditório do Museu Municipal de Caminha

ATENÇÃO: Lotação Limitada. Entrada Gratuita.




Locus Cinemae / Caminha

 “Na pele de Mabel, temos uma Gena Rowlands soberba. Nenhum elogio é excessivo para descrever o que ela faz em cena.  

 Nunca no cinema, a loucura foi retratada de uma forma tão pungente, tão visceral. A composição da atriz é rica em detalhes e nuances. O sofrimento, a incapacidade da personagem de se relacionar e se expressar, sua inadequação, se tornam tangíveis graças ao desempenho impressionante da atriz. Ao lado dela, Peter Falk nos oferece uma das melhores interpretações da sua carreira e é o contraponto perfeito para Rowlands. Com muita sensibilidade, o ator comunica a impotência de seu personagem e suas limitações. Nick é um ser humano falho, mas completamente apaixonado pela esposa.  

 “Uma Mulher Sob Influência” é um dos filmes mais interessantes a estudar a estrutura familiar e a loucura. Brilhantemente dirigido e atuado, esta obra-prima de John Cassavetes trata de uma maneira comovente e sensível a complexidade do ser humano e das relações de amor.”  

http://www.cinemaemcena.com.br/coluna/ler/487/uma-mulher-sob-influencia     

FICHA TÉCNICA:  

Título original: “A Woman Under the Influence”, EUA, 1974  

Realização: John Cassavetes  

Produção: Sam Shaw  

Argumento: John Cassavetes  

Música: Bo Harwood  

Fotografia: Caleb Deschanel  

Montagem: Elizabeth Bergeron, David Armstorng, Sheila Viseltear  

Companhia produtora: Faces International Films  

Duração: 155 minutos     

FICHA ARTÍSTICA:  

Gena Rowlands – Mabel Longhetti  

Peter Falk – Nick Longhetti  

Fred Draper – George Mortensen  

Lady Rowlands – Martha Mortensen  

Katherine Cassavetes – Margaret Longhetti  

Matthew Laborteaux – Angelo Longhetti  

Matthew Cassel – Tony Longhetti  

Christina Grisanti – Maria Longhetti  

George Dunn – Garson Cross  

Mario Gallo – Harold Jensen



Ciclo Gena Rowlands   

06 de dezembro, “Uma Mulher sob Influência”, John Cassavetes,  EUA, 1974, Sessão 618 (M/12)  

13 de dezembro,  “Glória, John Cassavetes,  EUA, 1980, Sessão 619 (M/12)  

20 de dezembro, “Noite de Estreia, John Cassavetes, EUA, 1977, Sessão 620 (M/12)  

27 de dezembro, “Uma Outra Mulher, Woody Allen, EUA, 1988, Sessão 621 (M/12)





CAMPOSANCOS (A GUARDA)

MÚSICA E PALABRAS

  Este venres, 6 de de decembro de 2024, ás 8 da tarde, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos




Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
 
 Xa está todo a punto, unha vez máis, para Música e Palabras. A cita é para este venres día 6 de decembro de 2024, ás 8 da tarde na Casa Cultural de Montes de Camaposancos.
 
 Música e Palabras vén sendo un acertado evento - promovido pola xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos - aberto á participación de todas aquelas persoas que o desexen, ben sexa interpretando - de xeito instrumental ou vocal -, algún tema musical; recitando algunha poesía propia ou de outras autorías; realizar algún monólogo,..., ou calquera outra actuación de interese cultural, para desfrute do respectable público, agradecido destinatario de todo canto se leve a bo termo na sesión, e por suposto de quen ofrece súa arte aos demais de xeito totalmente altruista.
 
 Como vén sendo habitual, a cantautora María José Baz, acompañada da súa guitarra, porá á música en directo a todas as achegas literarias que se realicen.

 Esta nova sesión de Música e Palabras ben pode ser un fermoso preludio dun esperanzador Nadal para todas as persoas do planeta Terra, así como unha invitación aos gobernantes, a que traballen pola paz, comezando polo máis inmediato: os pobos de todo o orbe.

A GUARDA

O goberno de Carrero á deriva: dimisións, ausencias e promesas incumpridas  

Hai un ano e medio, o equipo de goberno da Guarda prometía un “novo rumbo” para o noso concello. A estas alturas comprobamos que esa promesa quedou en nada: o que vemos é un goberno en descomposición, cun alcalde con escasa dedicación ao concello e cun rumbo máis caótico que novo.   




Grupo municipal do PSdeG-PSOE / A Guarda

 A primeira en saltar do barco foi Vanesa Alonso, veterinaria de profesión e que ocupaba o cargo de Concelleira de Medio Ambiente. Máis recentemente, tamén o fixo Fernando Reyes, piloto e Concelleiro de Turismo. Dúas dimisións en tan só ano e medio de mandato.   

 E se falamos de ausencias, o caso máis grave é o do concelleiro de Comercio e Empresa, Anxo Pena, que leva todo o 2024 desaparecido: ningún pleno, ningún proxecto, ningunha acción relevante das súas concellerías. A razón?: Leva un ano vivindo e traballando fóra de España, algo que consideramos totalmente incompatible co desempeño do seu cargo.   

 Ante tal situación, sin precedentes no noso concello, desde o Grupo Municipal Socialista decidimos presentar unha moción no pleno de novembro para esixir a súa comparecencia no próximo pleno ordinario. Queremos que explique á cidadanía que traballo fixo neste ano e, sobre todo, se pensa asumir as súas responsabilidades cara o futuro.  

 Pensamos que a nosa petición non é para nada desmesurada, polo que nos sorprendeu a postura do Partido Popular no pleno, que votou en contra desta moción, coma se a transparencia e a rendición de contas non foran importantes para eles/as. Por sorte para A Guarda, o seu socio de goberno e o resto da oposición apoiaron a nosa proposta, permitindo que saíse adiante. Agora toca esperar pola comparecencia, aínda que as expectativas, vistas as circunstancias, non son demasiado altas.  

 E por último, como levamos advertindo desde o inicio deste mandato, A Guarda non pode permitirse un alcalde sen a dedicación que o Concello require. Carrero reparte o seu tempo entre a Deputación (onde ten un 79% de adicación), a docencia, a avogacía e a Alcaldía, o que deixa ao noso municipio sen o liderado e o compromiso que merece. Como ben di o refrán, “quen moito abarca, pouco apreta”.  

 Desde o grupo municipal socialista lamentamos profundamente que A Guarda teña que soportar un goberno que prometía tanto e que, finalmente, quedou en nada. Mentres eles/as seguen á deriva, nós continuaremos traballando pola transparencia, pola responsabilidade e, sobre todo, polos intereses de todas as veciñas e veciños de A Guarda.  

 A Guarda, a 5 de decembro de 2024 

A GUARDA

Comezaron as obras de remodelación do parque infantil da Alameda 

   Unha actuación financiada cos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra


O alcalde de A Guarda, co tenente de alcalde e o concelleiro de Vías e Obras, supervisando os traballos de renovación do parque infantil da Alameda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa que xa están en marcha as obras de renovación do parque infantil da Alameda, unha actuación financiada cos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. 

 Esta iniciativa ten como obxectivo mellorar as instalacións e ofrecer un espazo máis moderno e seguro para o desfrute das familias e os nenos e nenas do municipio. 

 Os traballos inclúen a instalación de novos xogos, melloras no pavimento e sustitución de antiguos elementos inmobles. 

 O proxecto destaca pola súa aposta por un espazo máis accesible e cómodo para toda a veciñanza. Está previsto que as obras finalicen a próxima semana, polo que dende o Concello agradecen a comprensión da cidadanía durante este breve período de traballos.

CAMINHA

Mais de uma centena de presépios em exposição nos Paços do Concelho

 Coleção particular pode ser visitada gratuitamente até 6 de janeiro


Um dos presépios da coleção particular de Aida Guerra da Silva
Foto: C.M.C.


Infogauda / Caminha

 O edifício dos Paços do Concelho, em Caminha, acolhe, a partir de sexta-feira, dia 6 de dezembro, a “Exposição Presépios Intemporais”. A inauguração será pelas 15h30, podendo a mostra, de mais de uma centena de presépios e peças, ser visitada todos os dias, entre as 14h30 e as 17h00, até 6 de janeiro (exceto 23, 24, 25 e 31 de dezembro e 01 de janeiro). Trata-se de uma seleção de presépios da coleção particular de Aida Guerra da Silva, construída nos últimos 55 anos.

 Os presépios são uma presença marcante no Natal. O Município de Caminha vai mostrar presépios de todos os tempos. Temos mesmo variadíssimos presépios em exposição, e muito diversos. Papel metalizado de cozinha; conchas; latas de Coca Cola; pinhas; uma toalha bordada nos anos 50 pela mãe da proprietária, com o tema do Presépio, enfim, são muitos os materiais de que se fazem as peças desta coleção, umas mais clássicas e outras mais originais e até de valor afetivo, que a proprietária aceitou partilhar com o público.

 Ontem, por exemplo, davam-se os últimos retoques na preparação da toalha, que este ano não vai cobrir a mesa dos doces da consoada de Aida Guerra da Silva, como é habitual no Natal, porque estará exposta nesta mostra.

 A proprietária explica que começou a colecionar presépios exatamente há 55 anos, quando se casou. Na altura, casada há poucos meses, precisou de um presépio para decorar a sua nova casa e, com o marido, comprou o primeiro, na baixa de Lisboa. A partir daí foi recuperando peças que tinha da infância, foi comprando outros e recebendo muitos presépios como presente, de amigos e família.

 Há, entre outros, um pequeno quadro que ela própria bordou aos 10 anos, presépios feitos pelos netos, gémeos, agora com 10 anos, e oferecidos à avó. Destaca ainda um presépio talhado à mão em madeira, da autoria do pai, José Correia, que se dedicou ao “ofício” de artesão depois de se aposentar.

 A “Exposição Presépios Intemporais” está assim organizada: os anjos que anunciam o nascimento de Jesus; Maria no tempo da espera e da esperança (Advento); depois o Menino, o Prometido, o Anunciado, a Luz do mundo; posteriormente as crianças, os meninos, a louvar o Deus Menino e finalmente os presépios. A exposição termina com algumas peças que representam a Epifania e a fuga para o Egito.


EXPOSIÇÃO PRESÉPIOS INTEMPORAIS

6 dezembro 2024 a 06 de janeiro 2025

Todos os dias das 14H30 às 17H00 (exceto: 23, 24, 25 e 31 de dezembro e 01 de janeiro)

Coleção de Aida Guerra da Silva

Paços do Concelho, Caminha

Academia Sénior de Caminha

Entrada livre

O ROSAL

O Concello dá o primeiro paso para facer realidade a nova Praza de Martín, un grande espazo de convivencia e lecer  

  A alcaldesa asinou este xoves a compra da parcela colindante á actual praza, de case 1.900 metros cadrados  

  Permitirá ao Concello seguir recuperando espazos para as persoas e cumprir cunha demanda histórica da veciñanza   


Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal cun grupo de persoas veciñas, na Praza de Martín
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Rosal dá un paso de xigante cara a un futuro con novos e mellorados espazos de convivencia e lecer. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, asinou este xoves a compra dunha parcela de case 1.900 metros cadrados colindante coa Praza de Martín que permitirá ampliar o espazo público e transformar o barrio nun lugar máis aberto e accesible para todas e todos. 

 A adquisición da finca permitirá ao Concello deseñar unha nova praza de maiores dimensións con máis capacidade para acoller as festas e encontros veciñais e outras actividades culturais e de lecer, e cumprir así unha demanda histórica da veciñanza de Martín e Viso dos Eidos. A compra supón un investimento de 35.851 euros financiados ao abeiro dunha subvención do Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. 

 A rexedora destacou a importancia desta compra e todos os trámites burocráticos e o traballo realizado durante os últimos meses para poder facela realidade. “Esta compra non só mellorará as infraestruturas, senón que tamén dará á veciñanza un espazo digno para xogar, practicar deporte ou celebrar festas. A Praza de Martín é o corazón do barrio, un lugar de encontro que leva tempo demandando este cambio”, salientou. Fernández Callís tamén quixo agradecer a boa disposición dos propietarios da finca “para que a parcela se poida destinar a beneficio de todos os veciños e veciñas”. 

 Con esta compra, o Concello dá un novo paso no proceso de recuperación dos espazos públicos ao mesmo tempo que continúa poñendo en valor a contorna, xa que a praza se atopa situada preto dos muíños do Folón e do Picón ou do Ecoparque de Viso dos Eidos. A arquitecta e paisaxista María Fandiño xa se encontra traballando na redacción do proxecto para a ampliación da praza, que incluirá un proceso participativo no que se convidará á veciñanza a achegar ideas e suxestións sobre o deseño deste novo espazo. 

O ROSAL

Este Nadal convértete en amiga ou amigo invisible doando sangue no Rosal  

 A unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue estará situada o luns 9 de decembro na rúa Ramón Franco, nº 4, de 10 a 14 e de 16 a 21 horas   



Infogauda / O Rosal

 Este Nadal convértete en amiga ou amigo invisible doando sangue. O Rosal vai acoller a vindeira semana unha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS). O autobús estará no concello o luns 9 de decembro á disposición de todas aquelas persoas que queiran deixar a súa pinga de solidariedade. 

 A unidade móbil estará situada na rúa Ramón Franco número 4, diante da sucursal de Abanca, nesta ocasión en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Nestes intres precísase especialmente doazóns dos grupos A+, B+, 0- e 0+.  Todas as persoas que desexen doar sangue poderán solicitar máis información chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828. 

 Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento. 

 Ademais das 10 unidades móbiles que se desprazan cada día, a Axencia Galega mantén abertos sete puntos fixos nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias de milleiros de doentes os 365 días do ano. Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a todas as persoas que o necesitan.

TOMIÑO

O Nadal ilumínase en Tomiño cun grande espectáculo de proxección de imaxes e son

  O tradicional acendido das luces de Nadal, tivo lugar o pasado día 1 de decembro, e iluminarán as rúas da vila ata Reis, como é habitual cada ano  

  

O vindeiro domingo, 8 de decembro, a fachada do Concello converterase no escenario dun grande espectáculo de animacións e son
Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño 

 O Nadal chega a Tomiño cunha explosión de luz,  cor e animación que conquistará ao público. O vindeiro domingo, 8 de decembro, a fachada do Concello converterase no escenario dun grande espectáculo de animacións e son, unha técnica visual innovadora que proxectará imaxes e animacións sobre a superficie exterior da Casa Consistorial, creando efectos de luz e movemento que farán as delicias de todo o público asistente. 

 “Queremos que o Nadal comece por todo o alto en Tomiño, ofrecendo á veciñanza un espectáculo innovador, moi vistoso e único, xa que está totalmente personalizado e adaptado ao noso Concello”, destaca a alcaldesa, Sandra González. A rexedora convida a toda a veciñanza a achegarse e vivir en primeira persoa este evento tan especial “que será moito máis que unha proxección: será unha experiencia visual espectacular que encherá de ilusión a Praza do Seixo". 

 O espectáculo, que comezará ás 20.00 h e será totalmente de balde, combinará luces, cor e animacións para transformar a fachada do Concello nun lenzo que transportará ao público ao espírito navideño. 


Fachada iluminada da Casa do Concello


 Por outra banda, o tradicional acendido das luces de Nadal, tivo lugar o pasado día 1 de decembro, e iluminarán as rúas da vila ata Reis, como é habitual cada ano.

TOMIÑO

O Consello Escolar Municipal pon sobre a mesa as deficiencias dos centros educativos, do transporte público e a carencia de información sobre a ampliación do IES   

  O goberno local fixo un investimento de máis de 100.000 euros en obras e melloras nos colexios e escolas infantís, e outro tanto en programas específicos  


Consello Escolar Municipal de Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño 

 O Consello Escolar Municipal de Tomiño, reunido en pleno a semana pasada, puxo de relevo tres problemas principais no eido da educación: en primeiro lugar, as deficiencias dos centros educativos; en segundo, o transporte público, que sigue sendo insuficiente con respecto á demanda e, por último, a carencia de información sobre a ampliación do IES Antón Alonso Ríos por parte do goberno autonómico; obra comprometida pola Xefatura Territorial de Educación no ano 2020, e que permitiría a creación dun bacharelato en Artes e a ampliación dos ciclos de formación profesional.  

 Representantes dos centros de educación primaria, infantil e secundaria, así como do CRA Mestre Manuel Garcés; do profesorado e do alumnado, participaron no mencionado Consello Escolar, así como tamén, a concelleira de Educación, Cristina Martínez, e o  edil Rubén García, titular da Concellería de Benestar Social e Deportes e tamén representación do resto da corporación municipal.  

 Ao longo da reunión, os concelleiros deron conta das melloras realizadas en cada un dos edificios adicados á educación nos seus distintos niveis, así como das xestións levadas a cabo ante organismos autonómicos, solicitando melloras na seguridade vial e nas contornas das escolas e marquesinas das estradas da Xunta de Galicia. Acordouse, igualmente, pedir unha reunión coa Consellería de Educación para tratar as necesidades existentes nos distintos centros educativos. 

  Asemade, deuse conta das obras de mantemento e melloras levadas a cabo nos centros educativos cun investimento superior a 100.000 €.   

 Asímesmo, informouse do funcionamento dos programas de Benestar Social, dentro dos que se atopan o “Encaixa-T”, Atención Temperá, Axudas SEAF (Servizo de Educación e Apoio ás Familias) e as actividades extraescolares, entre outros. No primeiro, prestado en colaboración con Aldeas Infantís, atendéronse 18 familias e 22 menores e cun investimento de 37.164€, dos cales o Concello achegou 18.000E de fondos propios. Con estas partidas realizáronse tarefas de apoio escolar, obradoiros de competencias oficiais, artísticos, sesións de atención psicolóxica, xornadas de participación familiar e aula de estudo.   

 Pola súa banda, o SEAF, cuxo fin é dotar aos menores do material escolar, comedor, agasallos de Nadal e actividades de verán (co fin de previr a desigualdade e marxinación social), atendéronse as demandas de 26 familias e se tramitaron 13 expedientes, que reverten en máis de 20 menores.  

 No referido ao servizo mancomunado de Atención Temperá, que se presta en colaboración con COGAMI, foron atendidos 102 menores tomiñeses, dos cales 48 están sendo tratados e 36 déronse xa de alta, tendo unha lista de agarda de 18.  

 Por último, en canto ás actividades extraescolares, o Concello ofreceu este ano cinco propostas, repartidas nos niveis educativos de infantil (Art-Terra), primaria (cociña, robótica con lego e multideporte) e secundaria (inglés). Todas de balde, cun investimento de 38.000€ e con 233 menores inscritos. 

O BAIXO MIÑO

BNG urxe recuperar os servizos ferroviarios na estación de Tui 

  Unha ampla representación nacionalista do Baixo Miño, acompañada polo deputado Néstor Rego, reclamou transporte ferroviario para a comarca  con novos e mellores servizos 

 Recuperar a venda presencial nas tres estacións de Tui e conectar con Vigo e Portugal, superando a precariedade do tren Celta: entre as medidas que o BNG defende impulsar 


Na súa visita ao Baixo Miño, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, estivo acompañado polos deputados do BNG no Parlamento de Galiza, Brais Ruanova e Paulo Ríos; as alcaldesas Ánxela Fernández e Sandra González, do Rosal e Tomiño, respectivamente; e representantes institucionais do BNG no resto de concellos da comarca como Tui –coa voceira Carmen Núñez, Xosé Tato, Ánxela Estévez e Xosué Campos-; da Guarda –co voceiro Anxo Lois Baz e Xosé

Infogauda / O Baixo Miño 

 O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visita a comarca do Baixo Miño ante o desmantelamento que está a sufrir en materia ferroviaria e o fechamento das estacións de Tui e Caldelas. A organización nacionalista aposta por recuperar o servizo ferroviario desde Tui para conectar con Vigo. Así mesmo, o deputado do BNG aposta pola conexión con Portugal, superando a precariedade do tren Celta a través dun servizo máis moderno. 

 O servizo ferroviario das tres estacións asentadas na comarca do Baixo Miño leva sufrindo un desmantelamento continuado durante os últimos 15 anos. A estación central de Tui, por exemplo, leva máis dunha década sen atención presencial e a día de hoxe non paran trens. Algo semellante ocorre na de Caldelas: abandonada desde hai 5 anos, sen venta de billetes e practicamente sen servizo. A estación de Guillarei é a única pola que pasa e para o tren Celta mais xa non dispón de atención persoal desde hai 5 anos e conta cun sistema de fechamento automático que supón un grave perigo para as persoas usuarias, quedando moitas veces encerradas dentro da estación. 

 Ante este desmantelamento, o deputado visita a comarca para coñecer de primeira man os problemas que supón para a cidadanía a perda destes servizos e anunciar o rexistro de iniciativas no Congreso para reverter esta situación. Néstor Rego estivo acompañado polos deputados do BNG no Parlamento de Galiza, Brais Ruanova e Paulo Ríos; as alcaldesas Ánxela Fernández e Sandra González, do Rosal e Tomiño, respectivamente; e representantes institucionais do BNG no resto de concellos da comarca como Tui –coa voceira Carmen Núñez, Xosé Tato, Ánxela Estévez e Xosué Campos-; da Guarda –co voceiro Anxo Lois Baz e Xosé Manuel Méndez-; e militantes do BNG de Oia. Todos eles participaron nunha reunión co ex-xefe da estación de Tui, Rafael Calvo de Mora, e traballadores e traballadoras de Comboios de Portugal. 

 “Nun momento en que se está apostando polo ferrocarril como medio de transporte do futuro, por ser máis eficaz, eficiente e sustentábel, o Goberno debe impulsar servizos ferroviarios nesta parte do País. Para iso, é necesaria a modernización das infraestruturas e garantir que Tui non quede excluído do servizo ferroviario con Vigo e Portugal”, subliña o deputado nacionalista. En opinión de Rego, é vital para o Baixo Miño dispor dun servizo ferroviario en Tui que o conecte con Vigo para artellar a área metropolitana, e que ademais poña en valor o papel de Tui como entrada na Galiza desde Portugal, superando a precariedade do tren Celta e apostando pola modernización do servizo. 

 No concreto, reclama ao Goberno modernizar a liña convencional Vigo-Tui e negociar con Portugal para renovar o material rodante de Comboios de Portugal e aumentar as frecuencias de forma que, parando na estación de Tui, poidan estabelecerse conexións de proximidade co Porriño e con Vigo. 

 “Durante anos, o servizo ferroviario tudense foise deteriorando de tal xeito que se pasou de ter tres estacións operativas a, hoxe en día, só unha –Guillarei- que ten moitas deficiencias” denuncia Néstor Rego. Pola contra, o BNG, no canto de seguir a mesma liña que os sucesivos gobernos estatais, defende a necesidade de restabelecer e recuperar servizos ferroviarios e mesmo incorporar novos: “cabe a posibilidade dun servizo lanzadeira a horas punta para garantir a circulación de persoas entre Tui e Vigo”, sinala.

TURISMO

Tui experimenta un forte crecemento turístico en novembro, cun incremento do 78% 

 A desestacionalización turística consolídase como un motor clave para o crecemento do sector no municipio 


Oficina de Turismo de Tui
Foto: C.T.


Infogauda / Tui

 A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou un notable aumento na afluencia de visitantes durante o pasado mes de novembro, atendendo a un total de 1.166 persoas, unha cifra que supón un incremento do 78% respecto ao mesmo mes do ano 2023, cando se contabilizaron 652 visitantes. 

 Este crecemento demostra o éxito da desestacionalización do turismo na localidade.  Segundo a concelleira de Turismo, Ana María Núñez Álvarez, "estes datos reflicten como o turismo en Tui está superando as barreiras da temporada alta tradicional, ampliándose aos meses considerados de menor afluencia. Esta dinámica contribúe a unha maior actividade económica no sector turístico local ao longo de todo o ano".  

 A edil destacou ademais o compromiso municipal para reforzar a promoción turística e consolidar esta tendencia a longo prazo.  

 A análise dos datos amosa unha ampla diversidade na procedencia dos visitantes. Así os 803 turistas nacionais, que en novembro pasaron pola Oficina Municipal de Turismo,   procedían principalmente da Coruña (86), Madrid (85), Pontevedra (85), León (66), Barcelona (62), Guadalaxara (56) e Xaén (48).   Mentres os 146 turistas estranxeiros que realizaron consultas neste punto de información eran do Reino Unido (49), Portugal (41), Brasil (13), Francia (9), Venezuela (7), Arxentina (5) e Estados Unidos (2).   

 Ademais, a Oficina atendeu a 217 peregrinos e peregrinas que estaban a realizar o Camiño de Portugués. 92 eran españois e 125 internacionais. Entre os españois, os máis numerosos procederon de Murcia (51), mentres que os peregrinos internacionais chegaron principalmente de Portugal (46), Estados Unidos (16) e Alemaña (11).  

 O posicionamento de Tui como un destino estratéxico na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal tamén quedou reforzado, sendo este territorio o principal foco de orixe dos visitantes. Esta tendencia confirma a capacidade de atracción de Tui como destino cultural, histórico e gastronómico na área transfronteiriza.  Con estas cifras, Tui reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible do turismo, contribuíndo non só á dinamización económica local, senón tamén á promoción da riqueza patrimonial e natural da vila. "Seguiremos traballando para que Tui sexa un destino turístico referente, accesible e atractivo durante todo o ano", concluíu a concelleira de Turismo, Ana Núñez. 

GONDOMAR

Obradoiro Práctico de Poesía en Gondomar

SOÑA TIFÓNS UNHA NEANDERTHALENSIS NA BOCA DA PANTERA 

25 de xaneiro | 15 de febreiro | 15 de marzo  


IEM / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoráns, coa colaboración do Concello de Gondomar, organiza o obradoiro literario “SOÑA TIFÓNS UNHA NEANDERTHALENSIS NA BOCA DA PANTERA” impartido por Antón Blanco Casás, gañador do XVI Certame de poesía Victoriano Taibo. O obradoiro, de carácter gratuíto, constará de seis sesións presenciais que se desenvolverán os sábados 25 de xaneiro, 15 de febreiro e 15 de marzo en sesións dobres de mañá (de 11 a 14 h) e tarde (de 16 a 19 h) na sede do IEM en Gondomar. O prazo de inscrición comezará este xoves 5 de decembro e permanecerá aberto ata completarse as prazas dispoñibles.  

 Preténdese que as/os asistentes poidan crear novas composicións ou incluso mellorar as que xa teñen, mediante o análise e uso das técnicas que levaron a Antón a vencer na última edición do xa senlleiro certame miñorán.  

 O grupo PUGA do IEM espera que o obradoiro serva tanto para a promoción do uso do idioma galego mediante a poesía así como a creación dunha canteira de poetas da que poidan saír futuras/os participantes e gañadoras/es do Certame de poesía Victoriano Taibo.  

 As inscricións faranse preferentemente no formulario da ligazón seguinte https://forms.gle/xrKMtgrCrTv8dKS59 ou no código QR anexo. O proceso é moi sinxelo e pode facerse dende o propio móbil.




Antón Blanco Casás 

O autor

 Antón Blanco Casás (Vilagarcía de Arousa, 1996) é profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Como poeta publicou A oseira (Chan da Pólvora, 2016), Tres estudos para un poema da cidade (Galaxia, 2018) e Voz do arqueiro (Chan da Pólvora, 2020), co que foi vencedor do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Este mesmo volume foi traducido ao castelán (Ultramarinos, 2023). É autor do Ensaio sobre o poema e o mar da morte (Euseino? 2020).  

 A súa intención é desenvolver un obradoiro eminentemente práctico e participativo. A través das xenealoxías textuais de Bosque, o obradoiro propón achegarse ao poema desde a acumulación de restos, fósiles, cascallos literarios. Abrirase un espazo selvático onde poida darse a escrita poética como se dá un gromo vexetal.

VIGO

O persoal de Alfrío acorda en asemblea novos paros ante a falta de acordo no novo convenio 

   A empresa mantén unha proposta salarial discriminatoria e non avanza no recoñecemento de categorías por antigüidade 


O persoal de Alfrío  tomou a decisión, en asemblea, de convocar novas xornadas de folga, coa vista posta na convocatoria dunha folga indefinida 
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 As traballadoras e traballadores de Alfrío, acordaron onte mércores a convocatoria de novos paros. Denuncian que a empresa segue sen aceptar o recoñecemento, por antigüidade, das categorías de Oficial de Primeira e de Segunda e mantén unha proposta salarial que consideran discriminatoria. Hoxe mobilizáronse nas oficinas e na factoría que ten en Vigo, coincidindo coa quinta xornada de folga. 

 Respecto da proposta salarial de Alfrío, Ánxela Martínez, representante da CIG, explica que a consideran “un pouco discriminatoria”, porque “en vez de subir as categorías, o que fan é incrementar un pouco a auxiliares, que cambian de nome e pasan a chamarse operarias pero, ao resto do persoal subiríanlle só un 5%”. 

 Denuncia ademais que “se comerían os atrasos de 2024, dos pluses e demais, porque din que non son quen de cuantificalos, aínda que se quixeran poderían, pero non lles dá a gana” e fan unha rebaixa nos seguintes anos porque pasarían a un 3% en 2025 e a outro 3% no 2026”. 

Categorías por antigüidade 

 O persoal reclama, desde o inicio das negociacións, que se recoñezan categorías por antigüidade, porque levan anos conxeladas. Explica que neste tipo de centros non hai postos específicos para que todo o mundo poida ter acceso a outra categoría. 

 Porén, a empresa segue sen querer recoñecer a categoría de Oficiais de Primeira e de Segunda atendendo a este criterio. Unha cuestión diante da que Martínez afirma que, “unha persoa que leva 5, 10, 15, 20 ou 25 anos non pode quedar como auxiliar toda a vida. É como pasar toda unha vida de bolseira”. 

 Por iso onte o persoal tomou a decisión, en asemblea, de convocar novas xornadas de folga, coa vista posta na convocatoria dunha folga indefinida se se mantén a negativa da empresa a aceptar as súas demandas.

PONTEVEDRA

Luis López anuncia que a Deputación investirá máis de 650.000 euros na conservación de firmes en estradas provinciais de Baiona, Mos, Nigrán, Oia, Tui e Vigo 

“Seguimos destinando recursos para manter en bo estado as estradas provinciais, para garantir a seguridade dos nosos veciños e veciñas e mellorar a súa calidade de vida”, remarcou o presidente da Deputación   


Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra
Foto: Rafa Estévez 

Infogauda / Pontevedra

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar contratos contemplados no Acordo Marco para a conservación de firmes nas estradas provinciais que permitirán actuar en nove vías de seis concellos da provincia. O investimento ascenderá a preto de 660.000 euros e as actuacións desenvolveranse en preto de 70 dos máis de 1.600 quilómetros da rede viaria provincial. “Seguimos destinando recursos para manter en bo estado as estradas provinciais, para garantir a seguridade dos nosos veciños e veciñas e mellorar a súa calidade de vida”, explicou o presidente Luis López.  

 En canto aos traballos que se realizarán, por unha banda, nalgunhas estradas vaise proceder ao fresado do firme para despois repoñer a capa de rodadura e, pola outra, noutras executarase unha capa de microaglomerado en frío. Ademais, procederase á reposición da sinalización horizontal en todas as actuacións nas que sexa necesario.  

 Este novo contrato inclúe actuacións na EP-2001 O Calvario - A Garrida, en Vigo; a EP-2102 Nigrán - Vincios e a EP-2106 A Ramallosa - Parada, en Nigrán; na EP.2201 Baiona – Bahiña - As Fontes e na EP-2202 Baiona - Loureza, en Baiona; na EP-2603 Puxeiros - Peinador e na EP-2604 Puxeiros – E.P. O Mexoeiro - CUVI, en Mos; na EP-2001 Tui - Rebordáns, en Tui, e na EP-3202 Oia - Torroña, en Oia.

CANGAS DO MORRAZO

A CIG-Servizos faise coas tres delegadas de persoal que se escollían no Hotel H4 de Cangas 

   A nova representación sindical fixa entre os seus principais obxectivos garantir o cumprimento do convenio provincial de hostalaría 

Infogauda / Cangas

 A federación de Servizos da CIG logrou as tres delegadas de persoal que se escollían no Hotel H4 de Cangas, facéndose deste xeito coa totalidade da representación sindical nas eleccións que se veñen de celebrar no establecemento. A central nacionalista agradece o apoio amosado polo cadro de persoal a adianta a súa intención de loitar polo cumprimento do convenio colectivo. 

 O Hotel H4 conta cun cadro de persoal de máis de 30 persoas traballadoras, das que máis do 66% participou no proceso. A CIG foi a única organización que foi quen de presentar candidatura nun centro de traballo que escollía representación sindical por primeira vez.  

 Pola súa banda, as delegadas de persoal que veñen de ser elixidas fíxanse entre os seus principais obxectivos para os vindeiros anos garantir o cumprimento do convenio provincial de hostalaría ante as graves vulneracións que se rexistran na actualidade en cuestións como abono de nocturnidades, categorías profesionais ou vacacións.

ARCOS DE VALDEVEZ

 Mais habitação em Arcos de Valdevez  


O Ministro das Infraestruturas e Habitação, Miguel Pinto Luz esteve em Arcos de Valdevez
Fotos: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Ministro das Infraestruturas e Habitação, Miguel Pinto Luz esteve em Arcos de Valdevez na assinatura de contratos e protocolos entre a Câmara Municipal e o IRHU para a reabilitação e construção de habitações.  

 Foram assinados os contratos de financiamento, entre IHRU e a Câmara Municipal, de parte do investimento total de 4,13 milhões de euros, para a construção de 26 fogos de Habitação Social em Parada (10), Souto (8), e Guilhadeses (8), que se juntam a outros que já tinham sido anteriormente assinados para reabilitação de requalificação de 28 fogos na Habitação Social de Vila Fonche, construção de 3 fogos nas Escolas Primárias de Parada (1) e de S. Cosme e S. Damião (2).  

 Nesta cerimónia foi ainda celebrado um protocolo com o IRHU e o Município, no valor de 10 milhões de euros, para a construção de 60 fogos para arrendamento acessível, no Loteamento de Casal Soeiro.  

 De salientar ainda que estas intervenções se junta o Programa Municipal de melhoria do Conforto Habitacional de Estratos Sociais Desfavorecidos que já atribuiu apoio a 246 em todo o concelho, num investimento Municipal de mais de 2 milhões de euros, que incluem os apoios a 15 agregados no corrente ano.  

 No que se refere ao apoio ao arrendamento foram atribuídos este ano apoios a 77 agregados familiares, que abrangem os subsídios ao arrendamento, o arrendamento jovem, o RAV - Renda Acessível em Valdevez e a residência partilhada.   

 Nesta cerimónia foram assinados, entre Câmara Municipal e um conjunto de Empresas de Construção Civil, os autos de consignação para início das obras das 8 habitações em Souto, 10 em Parada e a reabilitação das 28 em Vila Fonche, que se juntam às obras já em curso das 8 habitações em Guilhadeses. 

 O Município apresentou nesta sessão, além destas ações, um conjunto de medidas que tem vindo desenvolver na melhoria do acesso à habitação no concelho e solicitou apoios específicos para a Construção de Fogos a Custos Acessíveis em territórios de baixa densidade. 

 O Ministro enalteceu a Estratégia e elogiou a capacidade de concretização das várias iniciativas para o incremento da habitação em Arcos de Valdevez.   

Presidente da Câmara solicitou melhores acessibilidades 

 Ainda no decorrer da sessão, o autarca, para aumento da atratividade do concelho e da região, solicitou melhoria da acessibilidade nomeadamente a melhoria da ligação entre o IC28 e a fronteira da Madalena, com Ourense, a requalificação da EN101, EN202, EN303 e a melhoria de acessibilidade à linha ferroviária que vai atravessar a região bem como o aumento da cobertura da rede de fibra ótica no concelho e na região.  

 O Ministro considerou que estas melhorias são importantes para o desenvolvimento dos territórios.