MÚSICA E PALABRAS
• Este venres, 6 de de decembro de 2024, ás 8 da tarde, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Xa está todo a punto, unha vez máis, para Música e Palabras. A cita é para este venres día 6 de decembro de 2024, ás 8 da tarde na Casa Cultural de Montes de Camaposancos.
Música e Palabras vén sendo un acertado evento - promovido pola xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos - aberto á participación de todas aquelas persoas que o desexen, ben sexa interpretando - de xeito instrumental ou vocal -, algún tema musical; recitando algunha poesía propia ou de outras autorías; realizar algún monólogo,..., ou calquera outra actuación de interese cultural, para desfrute do respectable público, agradecido destinatario de todo canto se leve a bo termo na sesión, e por suposto de quen ofrece súa arte aos demais de xeito totalmente altruista.
Como vén sendo habitual, a cantautora María José Baz, acompañada da súa guitarra, porá á música en directo a todas as achegas literarias que se realicen.
Esta nova sesión de Música e Palabras ben pode ser un fermoso preludio dun esperanzador Nadal para todas as persoas do planeta Terra, así como unha invitación aos gobernantes, a que traballen pola paz, comezando polo máis inmediato: os pobos de todo o orbe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario