5 de dec. de 2024

TOMIÑO

O Nadal ilumínase en Tomiño cun grande espectáculo de proxección de imaxes e son

  O tradicional acendido das luces de Nadal, tivo lugar o pasado día 1 de decembro, e iluminarán as rúas da vila ata Reis, como é habitual cada ano  

  

O vindeiro domingo, 8 de decembro, a fachada do Concello converterase no escenario dun grande espectáculo de animacións e son
Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño 

 O Nadal chega a Tomiño cunha explosión de luz,  cor e animación que conquistará ao público. O vindeiro domingo, 8 de decembro, a fachada do Concello converterase no escenario dun grande espectáculo de animacións e son, unha técnica visual innovadora que proxectará imaxes e animacións sobre a superficie exterior da Casa Consistorial, creando efectos de luz e movemento que farán as delicias de todo o público asistente. 

 “Queremos que o Nadal comece por todo o alto en Tomiño, ofrecendo á veciñanza un espectáculo innovador, moi vistoso e único, xa que está totalmente personalizado e adaptado ao noso Concello”, destaca a alcaldesa, Sandra González. A rexedora convida a toda a veciñanza a achegarse e vivir en primeira persoa este evento tan especial “que será moito máis que unha proxección: será unha experiencia visual espectacular que encherá de ilusión a Praza do Seixo". 

 O espectáculo, que comezará ás 20.00 h e será totalmente de balde, combinará luces, cor e animacións para transformar a fachada do Concello nun lenzo que transportará ao público ao espírito navideño. 


Fachada iluminada da Casa do Concello


 Por outra banda, o tradicional acendido das luces de Nadal, tivo lugar o pasado día 1 de decembro, e iluminarán as rúas da vila ata Reis, como é habitual cada ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario