FESTIVAL (PRIVADO) DE NADAL, NUN ESPAZO PÚBLICO (AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL)
Infogauda / O Rosal
Co ánimo de deixar constancia dunha incidencia que puido haberse evitado, e dese xeito nin habería persoas afectadas, nin estas liñas serían necesarias; e co propósito de aportar unha suxestión para outras oportunidades, imos referirnos a organización dun evento que acolleu na tarde de onte domingo día 8 de decembro, o auditorio municipal do Rosal.
O devandito evento, denominado Festival de Nadal, fora anunciado en redes sociais, tanto pola entidade organizadora - Attitude Escuela de Danza (sic) -, como polo Concello do Rosal, que figura como colaborador. Na parte inferior do cartel difundido - e cuxa copia reproducimos nesta crónica - figura ENTRADA DE BALDE.
Podía o cartel informar que para acceder ao Festival de Nadal era necesario posuir unha entrada. Pero non se indicaba nada ao respecto.
Con todo, chegamos ao auditorio municipal do Rosal con tempo (uns 45 minutos antes da apertura das portas) máis que suficiente, ao igual que outras moitas persoas.
Coas portas do auditorio pechadas ao público, en xeral, que soportou con toda corrección a brisa fría da tarde, pudemos ler in situ o texto dunha nota colocada na parte superior do cartel do Festival de Nadal. Nesa nota, informaba que terían preferencia de acceso as persoas que contasen con entrada, e que cando hubesen accedido todas elas, poderían pasar as persoas que non tivesen entrada. Poida que a redacción dese texto non sexa literalmente como acabamos de escribir, mais en todo caso, a consigna era esa.
Ata ese momento ninguén dos presentes podía pensar que o aforo do local se ía completar na súa totalidade coas persoas que dispuñan de entradas. E na confianza de que teriamos oportunidade de acceder a ver a actuación, permanecemos respectuosamente no lugar ata que se nos comunicou que a cabida do local estaba completa. Que se queriamos entrar tiñamos que poñernos de pé, nos pasillos.
Nese momento, indiqueille a persoa que fixo tal declaración, que non era xusto que tan soio puidesen asistir as persoas que tiñan entrada, cando desas entradas en ningún momento anterior ao día da celebración do evento, se había informado á cidadanía, nin por parte da entidade organizadora -Attitude Escuela de Danza -, nin por parte da entidade colaboradora (Concello do Rosal).
E máis, nunha coñecida rede social, o Concello do Rosal, ademais do cartel do evento, publicou no día de onte o seguinte texto:
"A danza toma o escenario!
Esta tarde ás 18.00 h
No Auditorio Municipal
Entrada de balde!
Vive a maxia do Festival de Nadal da Attitude Escuela de danza, con actuacións cheas de talento e emoción, incluíndo a participación especial da escola convidada Stardanza.
Non faltes a esta tarde única de arte e movemento!"
Pola súa banda, a entidade organizadora - Attitude Escuela de Danza - tamén publicara con anterioridade, na mesma rede social, o seguinte texto:
𝑭𝒆𝒔𝒕𝒊𝒗𝒂𝒍 𝒅𝒆 𝑵𝒂𝒗𝒊𝒅𝒂𝒅 2024
Apuntad el día 8 de Diciembre porque tendrá lugar el último festival del año!! #festivaldenavidad
Tendrá lugar en el auditorio municipal de O Rosal y comenzaremos a las 18:00h
Será una tarde mágica donde nuestros grupos de todas las edades bailarán las coreografías que llevan tanto tiempo preparando para vosotros.
Además contaremos también con las actuaciones de la escuela invitada @stardanza Y como no podían faltar, sortearemos estupendos premios en el evento que os alegrarán las navidades
𝑬𝑵𝑻𝑹𝑫𝑨 𝑮𝑹𝑨𝑻𝑼𝑰𝑻𝑨, 𝑵𝑶 𝑻𝑬 𝑳𝑶 𝑷𝑰𝑬𝑹𝑫𝑨𝑺 !!
Queda claro, que a devandita escola de danza, organizou presuntamente, un evento privado, nun espazo público.
Coidamos que cando se organiza un evento hai que pensar non soio nun sector do público, como pode ser o formado por familiares, amigos e coñecidos da entidade que se propón realizar ese evento. Debera pensarse tamén naquelas persoas as cales, por motivos diversos, tamén lles gustaría acceder ao interior do auditorio municipal do Rosal e presenciar de xeito normal o espectáculo, mesmo que para iso fose necesario adquirir unha entrada, se así se indicase oportunamente e coa debida antelación.
Non vale decir - como se nos dixo - que "aquello - o auditorio municipal do Rosal - no era un campo de fútbol".
Hai que ser un pouco máis respectuoso coa cidadanía.
Como pudemos comprobar, xa tiñan distribuidas de antemán o total das entradas correspondentes á cabida do auditorio municipal do Rosal, pero ninguén - nin a entidade organizadora - nin o Concello do Rosal avisaron dese feito coa debida antelación.
En todo caso, consideramos que a entidade organizadora era a que lle correspondía facer o que non fixo.
Procuramos contactar coa persoa da organización, cuxo nome e primeiro apelido, onte se nos indicou, e no momento de redactar esta crónica non nos deu resposta algunha.
Finalmente, propoñemos que para outra ocasión, organicen o evento de xeito que ninguén quede excluído, ben poñendo á venda as correspondentes entradas, ou ben facendo dous festivais: un para familiares e amigos dos compoñentes da entidade organizadora, e outro para o público, en xeral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario