8 de dec. de 2024

A GUARDA

Onte celebrouse o I Torneo de Nadal de Billar

  Organizado polo Club de Billar A Guarda


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Vías e Obras, Isidro Lomba Lorenzo, cos organizadores e participantes no I Torneo de Nadal de Billar, de A Guarda
Fotos: C.A.G.


Infogauda / Redacción / A Guarda

 O Club de Billar A Guarda organizou o I Torneo de Nadal de Billar, que concentrou a 16 xogadores con gran paixón neste deporte de técnica e precisión.  

 Por iso, algúns participantes chegaron desde Ourense, Cangas do Morrazo e incluso Suíza, para participar neste torneo, onde o compañerismo e o bo ambiente reinaron durante toda a xornada. 


 
O alcalde de A Guarda efectuando o saque de honra


 O club quixo agradecer o apoio do Concello cun agasallo ao alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, así como a honra do saque inaugural.  

 Finalmente, dar os parabéns aos catro primeiros clasificados: Telmo Torres, Jhon Anderson Martínez Tamayo, Lino Iglesias  e Edgar Heimman.

Ningún comentario:

Publicar un comentario