Beléns, prazas decoradas e alfombra festiva para as datas do Nadal
Infogauda / A Guarda
Xa se vive o Nadal nas rúas da Guarda. A parte da iluminación festiva, diferentes prazas da vila contan con decoración especial grazas ao labor das diversas asociacións guardesas.
O Concello de A Guarda invita á veciñanza e visitantes, a facer un percorrido polos beléns que veciños e veciñas montaron por toda a xeografía guardesa.
A Casa do Concello conta tamén cunha decoración moi especial grazas ao artesán Genaro Alonso Martínez, que montou un ano máis, seu Belén articulado, e á Asociación Cultural Alfombras da Guarda que realizaron un traballo espectacular para celebrar estas datas.
Desde o Concello agradecen a todas as asociacións, veciños e veciñas que colaboraron para que na Guarda se viva o Nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario