9 de dec. de 2024

A GUARDA

O libro “Piueiro. Caderno da Tripulación”

   Será presentado este xoves 12 de decembro ás 19:00 horas, na Casa dos Alonso 




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda con Alvarellos Editora van presentar este xoves, 12 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa dos Alonso, o libro “Piueiro. Caderno da Tripulación”.  

 Esta é unha obra moi singular, un proxecto nacido do maxín do fotógrafo Manuel Álvarez Álvarez e que conta cos inspirados e rotundos versos da poeta Marta Dacosta. Reúne os rostros de 20 coñecidas persoas mariñeiras de A Guarda, para loitar contra a desmemoria e o patrimonio perdido. 

 Ademais, o evento contará coa colaboración do historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez e dun dos retratados, o patrón de pesca Xaquín Cadilla Castro. Ambos os dous intervirán no acto de presentación xunto cos artífices do libro: Manuel Álvarez e Marta Dacosta. Ademais, contarase coa participación do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e do editor, Henrique Alvarellos.  

 O volume rende homenaxe póstuma a Domingo Carrero Álvarez, Minxos, mestre carpinteiro de ribeira do Baixo Miño, grazas a quen foi posible construír en 2019 o volanteiro Piueiro. Con máis de 92 anos, foi memoria viva, herdada do pai e avó, para recuperar un barco emblemático.

Ningún comentario:

Publicar un comentario