ACENDIDO DO ALUMEADO E DO BELÉN
• O venres 13 de decembro, ás 19:30 horas, no eirado da Casa de Montes de Camposancos
Infogauda / Camposancos
A Asociación Cultural Rego de Vicosán, de Camposancos, coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, o vindeiro venres día 13 de decembro, ás 19:30 horas, no eirado da Casa de Montes de Camposancos terá lugar o acto de acendido do alumeado e a inauguración do belén. A continuación no salón de actos, haberá unha actuación do Coro Ecos do Folón, cuxos compoñentes interpretarán panxoliñas e cantigas populares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario