30 de nov. de 2024

GOIÁN (TOMIÑO)

A Agrupación Musical de Goián celebrará hoxe o Concerto de Santa Icía 

 Baixo a dirección artística do mestre Pedro Villarroel, o concerto contará tamén coa participación da Banda Xuvenil 




Infogauda / Goián (Tomiño)

 A Agrupación Musical de Goián vai celebrar o seu tradicional Concerto de Santa Icía 2024, este sábado 30 de novembro ás 19.30 horas, no Auditorio de Goián. 

 Baixo a dirección artística do mestre Pedro Villarroel, o concerto contará tamén coa participación da Banda Xuvenil, que será a encargada de abrir o concerto e, de seguido, continuará a Agrupación Musical de Goián. 

 Ademais, como cada ano, presentaranse as novas incorporacións á agrupación e bandas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario