30 de nov. de 2024

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Mecalia Atlético Guardés organiza unha viaxe a Valladolid

 Con sáida de A Guarda, o día 14 de decembro, ás 7:30 horas da mañá



Redacción Deportes / A Guarda

 Baixo os lemas Queremos ao Inferno con nós! Acompáñanos en Valladolid para seguir na loita!, o Mecalia Atlético Guardés porá ao servizo da súa afección un autobús para viaxar a Valladolid e disputar na súa compañía a vindeira xornada 8 ante Balonmano Aula Valladolid, aprazada no seu momento por coincidir coa competición europea 

Prezo: 45 euros por persoa (inclúe ida e volta). 

Sábado 14 de decembro. 

Saída ás 7:30 horas da mañá dende A Guarda. 

Volta 30 minutos despois do remate do partido.  

 Importante: precísase un mínimo de 40 persoas apuntadas. De non cubrirse este mínimo de prazas, non se poderá realizar a viaxe 

 As persoas que desexen anotarse, poden facelo na oficina do club, ou no WhatsApp (+34) 669 630 610 antes do 6 de decembro.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario