2 de out. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A Agrupación Musical de A Guarda levará a música a Camposancos  

 Este sábado, 5 de outubro, ás 18:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos



Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
 

 Continúan os Concertos nas parroquias, 2024. Unha iniciativa da Agrupación Musical de A Guarda, en colaboración co Concello de A Guarda.

 Dese xeito, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda vai ofrecer un novo concerto, que terá lugar este sábado, 5 de outubro, ás 18:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.  

 Achegar a música a toda á cidadanía, desde os máis noviños ata as persoas maiores, é un dos obxectivos dos Concertos nas parroquias, 2024.

 A música é unha arte que vai parella á humanidade ao longo dos tempos. 

 E a música ten nome de muller. Por sorprendente que pareza, sabemos que a primeira compositora - que viviu deica o 2.300 a. C. -, chamábase Enheduanna.

 Mulleres e homes, mozos e maiores, temos na música unha das mais fermosas expresións culturais.

 Apoiemos a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario