2 de out. de 2024

O BAIXO MIÑO

GALIZA CON PALESTINA

MANIFESTACIÓN SOLIDARIA EN COMPOSTELA  




Álvaro Lamas / O Baixo Miño

 Neste domingo, día 6 de outubro, ás 12:00 horas, sairá da Alameda de Santiago de Compostela unha manifestación en solidariedade co pobo da Palestina. Na véspera do primeiro aniversario do xenocidio que está tendo lugar en Gaza, queremos reafirmar o noso firme apoio á Palestina. Os nosos gobernos, desde a Xunta da Galiza ao Goberno do Estado español e as institucións europeas, son cómplices por acción e por omisión dun xenocidio que está dinamitando o edificio da legalidade internacional. Nós, como pobo, queremos marcar distancia cos nosos gobernos colaboracionistas e mostrar ao pobo palestiniano o noso cariño e o noso apoio na súa loita contra a opresión. Non queremos esquecernos do pobo libanés, que está ver o terror xenocida espallarse na súa terra.   

 Con tal motivo, desde o colectivo de solidariedade coa Palestina do Baixo Miño, chamamos a participar na mobilización deste domingo. 

 Recordamos que para facilitar a participación, sairá un autobus do Centro Cultural da Guarda ás 9:15 da mañá, facendo paradas no Rosal, en Tomiño e Tui. 

 O prezo da viaxe é de 8 euros e para anotarse tan só hai que chamar ao 986 610 465.

Ningún comentario:

Publicar un comentario