2 de out. de 2024

A GUARDA

A Escola Infantil Municipal de A Guarda abre unha convocatoria extraordinaria  

 



Infogauda / A Guarda

 A Escola Infantil Municipal de A Guarda abre o próximo día 7 de outubro de 2024 un proceso extraordinario para cubrir as seguintes prazas:

- Aula de 0-1 anos: 5 prazas a xornada completa.

- Aula de 1-2 anos: 2 prazas a xornada completa.

- Aula de 2-3 anos: 4 prazas a xornada completa.   

 As nais/pais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 7 ao 11 de outubro.  

 Para maior información dirixirse o departamento de Servizos Sociais do concello de A Guarda en horario de 9.00 a 14.00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario