2 de out. de 2024

PESCA

Orpagu cega en Conxemar co seu ronqueo de peixe espada, un espectáculo de precisión e tradición impulsado por Interfish   

A primeira organización de palangre de superficie de Europa volve sorprender cun dos espectáculos máis esperados da feira viguesa que tivo como escenario a caseta da interprofesional pesqueira.  

O evento foi seguido con interese polos medios de comunicación e diversas autoridades como o alcalde de Vigo, o conselleiro do Mar e o portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, entre outros.   




A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu), líder europeo en palangre de superficie, volveu a Conxemar, a feira de produtos do mar máis importante de Europa, para presentar a súa gama de produtos e ofrecer unha exhibición en directo de ronqueo de peixe espada, unha técnica tradicional que xa o ano pasado cativou a miles de visitantes da feira viguesa
Fotos: Mar Bermúdez




Mar Bermúdez / A Guarda

 A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu), líder europeo en palangre de superficie, volveu a Conxemar, a feira de produtos do mar máis importante de Europa, para presentar a súa gama de produtos e ofrecer unha exhibición en directo de ronqueo de peixe espada, unha técnica tradicional que xa o ano pasado cativou a miles de visitantes da feira viguesa. 

 O ronqueo, así chamado polo son característico que se produce ao deslizar o coitelo polo espiñazo do peixe, é unha técnica ancestral que implica o despezamento meticuloso de grandes especies, como o peixe espada ou o atún. Durante a exhibición, os profesionais de Matrice Tuna, Roberto e Juan Francisco Pérez, mostraron o detalle cada fase do proceso: desde o corte inicial ata a separación das diferentes partes do peixe espada, incluíndo os lombos, a ventresca e outras seccións, todas elas valoradas polo seu sabor e versatilidade na cociña. 

 O ronqueo non só é un espectáculo visual, senón tamén unha demostración do profundo coñecemento e respecto polo mar que os pescadores galegos herdaron xeración tras xeración. Orpagu, coa súa ampla experiencia no manexo destas especies, perfeccionou este proceso, garantindo un aproveitamento integral do peixe e minimizando o desperdicio, o que tamén reforza o seu compromiso coa sustentabilidade. Tal e como sinalou a súa directora xerente Juana Parada na súa intervención. 

Orpagu: Innovación e sustentabilidade ao servizo do mar 

 Orpagu non só distínguese pola calidade dos seus produtos, senón tamén pola súa firme aposta pola innovación e a sustentabilidade. Como a primeira organización de palangre de superficie en Europa, lidera proxectos que buscan mellorar a eficiencia da pesca e protexer os ecosistemas mariños. Durante Conxemar, a organización incluíu información sobre os avances no ámbito da tecnoloxía e a modernización da súa frota, co obxectivo de seguir sendo un referente no sector pesqueiro a nivel global. 

 Ademais da súa participación na feira, Orpagu segue liderando proxectos de I+D+i enfocados na sustentabilidade da pesca e na mellora dos procesos de conxelación, garantindo produtos de alta calidade que respectan os máis altos estándares ambientais. Estes proxectos posicionan á organización á vangarda do sector, non só en termos de pesca responsable, senón tamén na incorporación de novas tecnoloxías que fan a actividade máis eficiente e respectuosa coa contorna mariña. 

 O alcalde de Vigo, Abel Caballero; o conselleiro do Mar, Alfonso Villares; o líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro e a deputada Elena Espinosa, entre outras autoridades, seguiron con enorme interese o despezamento, que tivo lugar na caseta de Interfish, e que foi moi aplaudido polos medios locais, nacionais e internacionais que se deron cita nese lugar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario