13 de set. de 2024

O PORRIÑO

O PSdeG-PSOE do Porriño rexistrou as alegacións aos Orzamentos Municipais deste 2024 

 Levar adiante uns orzamentos a catro meses de rematar o ano non ten moito sentido, xa que entre outros motivos, non da tempo a convocar as prazas da nova RPT recollen  


David Alonso Bargiela e Sthela Mª Táboas González, concelleiros do grupo municipal do PSdeG-PSOE de O Porriño, xunto con integrantes da Agrupación Local Socialista, logo de presentar por rexistro, as alegacións aos Orzamentos de 2024 

Foto: Cedida


Infogauda / O Porriño  

 O PSdeG-PSOE de O Porriño, publicado o anuncio de exposición pública do acordo plenario de aprobación inicial do Orzamento do Concello de O Porriño para o exercicio 2024 -Boletín Oficial da Provincia nº 163 do 22 de agosto de 2024-, rexistrou en prazo as alegacións aos Orzamentos. 

 Os socialistas xa non estivemos dacordo coa presentación dos Orzamentos de 2024 a catro meses de rematar o ano, cando tiveron máis de medio ano para facelo, pero é que ademáis moitas das partidas incluídas nos mesmos non se manteñen, pois é imposible levalas adiante porque non da tempo. 

 É o caso das novas prazas municipais - 1 Técnica/o Publicidade, 2 Prazas de Operaria/o obras e servizos, 2  Prazas de Policía Local, 1 Inspector/a Principal da Policía Local, 1 Auxiliar Departamento de Intervención e Xestión Económica e Fiscal, 1 Auxiliar Administrativo departamento Deportes- que se asinaron na nova Relación de Postos de Traballo do Concello de O Porriño. Convocalas precisa (de cumplirse cos aspectos legais), dende que se volte publicar no BOP, de máis tempo do que resta este exercicio; polo que xa entraríamos no ano 2025. 

 Sorpréndenos nestas prazas, a creación dun posto municipal de Técnico de Publicidade, coas mesmas tarefas que fai a responsable de prensa, un dos tres cargos de confianza designados polo alcalde de O Porriño,  Alejandro Lorenzo. Xa que no pasado Pleno, él mesmo indicou que “non ía eliminar ningún dos tres cargos designados”, os socialistas apreciamos unha duplicidade dun posto que sempre mudou cos diferentes rexidores, por cuestións de afinidade, polo que tampouco ten sentido crear esa nova praza fixa.  

 No tocante á praza de Inspector Xefe Principal, tampouco estamos dacordo coa súa xustificación, xa que non se observa ningunha razón específica, que faga imprescindible un posto desta categoría nunha localidade coma O Porriño. 

 Nestes Orzamentos nos que xa se recoñece a débeda da auga co Concello de Vigo, o PSdeG-PSOE solicita que se reserve unha cantidade igual á que aporta o Consorcio de Augas do Louro  de fondos propios, asumindo este a débeda dende 2014. Pola contra, aínda que nos informes de Intervención aportados recoñécese que a débeda ate o 2013 debe ser asumida polo Concello do Porriño, non se contemplan nos Orzamentos as partidas de crédito necesarias para facer fronte ás obrigas esixibles á Administración Local. 

 A seguinte omisión de crédito alegada polos socialista é a do cumprimento de obrigas esixibles do Concello de O Porriño fronte a SOGAMA; pois non se tivo en conta a eliminación da bonificación do canon para os meses que quedan de 2024, nin a subida para o 2025, cuantía que ascende a 96,86 € e 108 € por tonelada, respectivamente. 

 Completando as omisións de crédito que esqueceron engadir aos novos orzamentos, non atopamos o correspondente ás obrigas esixibles ao Concello do Porriño fronte á Comunidade de Montes de Atios”. 

 Completan as quince alegacións do PSdeG-PSOE aos Orzamentos do Porriño do 2024, a inclusión de partidas para:  

- Cumprimento do acordo plenario de 27 de setembro de 2023 do Cheque libro. 

- Saneamento en todas as parroquias. 

- Nova Casa Cultural de Cans. 

- Construción de piscina municipal ao aire libre. 

- Implementación nova Lei de Axuda a Pacientes con ELA e outras enfermidades neurodexenerativas. 

- Cumplimento da normativa vixente en accesibilidade nos espazos públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario