7 de set. de 2024

O PORRIÑO

O Pleno do Porriño aproba a proposta socialista de modificación da ordenanza de caixeiros  

 Unha proposta para un emprego xusto e actualizado do espazo público que ata o de agora non recollía a todas as entidades bancarias por igual  


David Alonso Bargiela e Sthela Mª Táboas González, concelleiros do grupo municipal do PSdeG-PSOE de O Porriño

Foto: Cedida

Infogauda / O Porriño

 O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de O Porriño, liderado polos concelleiros Sthela Mª Táboas González e David Alonso Bargiela, presentou unha moción no Pleno do Concello para a modificación dunha ordenanza específica que regularice o uso do dominio público, por parte das entidades financeiras e a instalación dos seus respectivos caixeiros automáticos. 

 Na actualidade, as entidades financeiras pagan unha tasa anual de 580 € regulada pola Ordenanza de uso de dominio público para máquinas instaladas en fachadas que dan á vía pública, aprobada no ano 2002.  

 Normativa que, según o PSdeG-PSOE, quedou obsoleta xa que propón unha tarifa fixa por caixeiro sin ter en conta o valor real do aproveitamento do espazo público. "Non é xusto que os bancos, que obteñen grandes beneficios, paguen unha tasa mínima e fixa por ocupar un espazo que pertence a todos os cidadáns", subliñan os concelleiros socialistas. 

 Ademáis, detectáronse casos nos que algunhas entidades bancarias non pagaron esta tasa durante varios años, correspondente pola instalación dos seus caixeiros, o que agrava aún máis dita situación. "É imprescindible actualizar esta normativa para reflectir o derradeiro valor de mercado do espazo empregado e garantizar que todas as entidades cumpran coas súas obrigas", engaden.  

Protección dos máis vulnerables e defensa do comercio local 

 A proposta do PSdeG-PSOE busca non só unha regulación xusta do emprego do espazo público, senón tamén protexer aos cidadáns máis vulnerables. En moitos casos, as entidades bancarias derivan aos seus clientes -especialmente ás persoas maiores- ata os caixeiros automáticos, para tramitar operacións que deberían ser atendidas por persoal capacitado. "Esta práctica deshumaniza o servizo bancario e xenera barreiras para todas aquelas persoas que non están familiarizadas coas novas tecnoloxías, algo que non podemos permitir", subliñan dende a agrupación socialista. 

 Resaltan tamén a necesidade de defender ao comercio local, que en moitas ocasións afrontan situacións económicas complicadas, namentres os bancos obteñen beneficios multimillonarios sin contribuir como deberan coa economía municipal. "É hora de que as entidades financeiras asuman a súa responsabilidade e aboen xustamente o que lles corresponde polo emprego do espazo público", conclúen dende a agrupación socialista de O Porriño.                          

Ningún comentario:

Publicar un comentario