13 de set. de 2024

A GUARDA

O día 23 de setembro celebrarase a tradicional  romaría de Santa Trega   


A procesión é un dos momentos de maior afluencia de persoas devotas de Santa Trega
Foto: Arquivo Infogauda

Infogauda / A Guarda

O luns 23 de setembro é a festividade de Santa Trega, patroa do Antigo Concejo da Foz do Miño, e avogosa das doenzas da cabeza e do corazón. 

 Como é tradición, oficiaranse misas rezadas na ermida da santa, natural de Iconio, ás 8:00, 9:00 e 10:00 horas.  

 Ás 11:30 horas dará comezo a misa solemne con ofrenda e procesión posterior. 

 Ao remate dos actos relixiosos, terán lugar as tradicionais poxas dos froitos do mar e da terra, que culminará co sorteo final dunha monumental regueifa - torta de varios pisos, feita con roscas de diferentes tamaños - con regalo sorpresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario