29 de set. de 2024

A GUARDA

A IGREXA PARROQUIAL DE A GUARDA ACOLLEU O III FESTIVAL SONS DA GUARDA  


Coro Cantábile
Fotos: C.A.G.

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Organizado polo Coro Cantábile, coa colaboración do Concello de A Guarda e a igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, vén de celebrarse o III Festival Sons da Guarda.

 Como polo de agora non podemos falar de auditorio municipal, porque este non existe como tal e coidamos que ainda non hai visos de que sexa unha realidade a medio prazo - entendido como tal, no actual mandato de Goberno municipal -; a igrexa parroquial de Santa María de A Guarda acolleu o devandito festival, no cal participaron o Coro Cantábile, a Rondalla Antorcha, Avelino Ferreira López e María José Baz Martínez.

 Logo da presentación do evento, efectuada por Gloria Mª Rodríguez Pacheco, fixo súa entrada o Coro Cantábile, e dirixido por Avelino Ferreira López, interpretou: 

 Stabat Mater, de Zoltán Kodály.

 Estamos, de Fernando Delgado e Esteban Tozzi.

• The Lion Sleeps Tonicht, de Solomon Linda. 


Rondalla Antorcha

 A continuación foi o turno da Rondalla Antorcha, que interpretou:

 Engañada de Tito Barrera Arias / Luis Abel Takahasi Nuñez.

 Chiquitita, de Abba.

 Popurri. Fragmentos de cancións de varios autores.


Avelino Ferreira

 Seguidamente foi a actuación de Avelino Ferreira, que interpretou:

 Concerto par oboe, en re menor, de Alessandro Marcello.

 I - Andante spicatto.

II - Adagio.

III - Presto.

 Oblivion, de Astor Pantaleón Piazzolla.


María José Baz


 Logo de Avelino Ferreira, actuou María José Baz Martínez, interpretando:

 Hasta el cielo (Letra: Estrella Velasco - Música: Mª José Baz).

 Mi poema de amor (Letra: Estrella Velasco - Música Mª José Baz).

 E finalmente, o Coro Cantábile actuaría novamente, interpretando: 

  Ave María, de Bach - Gounod.

 Nino Bravo en concierto (Arranxos: Manuel Calero).

 Siyahamba. Tema tradicional zulú.

 Ademais dos respectivos agasallos conmemorativos, que en nome do Coro Cantábile, Jorge Fernández Baz, presidente de Cantábile, entregou a cada grupo e intérpretes, así como ao sancristán Manuel Martínez Alfonso; o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, dirixiu unhas palabras a todos participantes no III Festival Sons da Guarda, agradecendo súas respectivas participacións, e tamén ao respectable público, pola súa asistencia. E en nome do Concello de A Guarda, fixo entrega duns agasallos a cada grupo (Coro Cantábile e Rondalla Antorcha) e a cada músico participante (Avelino Ferreira e María José Baz).

 Queremos salientar que ainda que non se completou o aforo do templo, as persoas que asistiron desfrutaron coas interpretacións realizadas, tanto na primeira como na segunda parte do festival, premiando con merecidos aprausos todas e cada unha das interpretacións.

 Asemade, deixamos constancia que todas aquelas persoas que o desexen poden sumarse ao Coro Cantábile, como así o manifestou o presidente desa entidade cultural, quen tamén manifestou que está formándose un coro infantil. Dese xeito, todas as persoas que queiran levar a seus pequenos, poden contactar con Avelino Ferreira.

 O III Festival Sons da Guarda tamén foi unha nova oportunidade para relembrar a José Luis Lorenzo Rodríguez, cuxo labor musical ao longo de moitos anos, deixou unha grata memoria entre á cidadanía de A Guarda. El foi, sen dúbida, unha das persoas que máis contribuiu a que á mocidade da nosa vila tivese na música coral unha boa razón para á amizade e as boas vibracións. Ese labor é impagable. Moitas grazas José Luis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario