24 de set. de 2024

A GUARDA

Francisco Álvarez Koki vai presentar unha nova edición do seu libro “Ratas en Manhattan” 

 Este venres, 27 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso   




Infogauda / A Guarda

 O autor guardés Francisco Álvarez Koki vai presentar este venres, 27 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso, unha nova edición do seu libro “Ratas en Manhattan”. 

 O escritor galego, ex residente en New York, ten xa unha longa traxectoria de publicacións tanto en galego como en castelán.  

 Ademais tamén tocou diferentes xéneros, como a poesía e a narrativa e contribuíu a difusión da cultura galega en Nova York co colectivo Celso Emilio Ferreiro, que el mesmo fundou.  

 Agora, Koki presenta unha nova edición do seu libro “Ratas en Manhattan”, obra en galego onde reúne dezaoito relatos que mostran a cara B do soño americano. Trata temas como: a batalla pola dignidade, o fracaso, as burlas e os azares do destino.   

 Para esta ocasión especial, contará coa compaña doutros dous escritores galegos: Ramón Caride, cunha frutífera e premiada traxectoria, sobre todo en literatura infantil e xuvenil; e  Marta Dacosta, poeta en lingua galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario