O COMITÉ DE EMPRESA DE VITRASA INFORMA Á CIDADANÍA
Comité de Empresa de VITRASA / Vigo
Na reunión de convenio do día de onte Vitrasa novamente volveu poñer de manifesto que a pesar do reequilibrio de 12 millóns aprobado xa polo Concello de Vigo, ademais dos 6 millóns recibidos anteriormente, non ofrecerá aos seus traballadores/as unha actualización de soldos dos anos 2021, 2022 e 2023. Isto supón unha perda de poder adquisitivo de máis dun 14% para o cadro de persoal.
Vitrasa realizou unha oferta para os anos sucesivos, 2024, 2025, 2026 e 2027 que en teoría supera a previsión dos IPC futuros, pero sen ningunha cláusula que permitise a súa revisión en caso de superarse esas previsións.
No ámbito social as melloras son practicamente inexistentes, empeorando notablemente nalgúns casos as condicións actuais, polo que a resposta do comité de empresa foi un rexeitamento unánime á proposta. Aínda así, desde a representación dos traballadores/as vemos un pequeno avance, polo que se vai a realizar unha revisión a fondo desta proposta e enviarase unha resposta á empresa que esperamos sexa aceptada para poder evitar futuros conflitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario