3 de ago. de 2024

TUI

O PP CUESTIONA O NOVO SISTEMA DE VIDEOVIXILANCIA QUE REGULARÁ O APARCAMENTO DE TUI 

• Os populares critican a implantación do sistema sancionador nas zonas de estacionamento regulado da zona azul. 

• Cren que esta medida pode ter máis afán recaudatorio que de ordenación do aparcamento. 


Cámara de videovixilancia nunha das rúas do casco urbano de Tui
Foto: G.M. PP.

Infogauda / Tui

 O grupo municipal do PP de Tui vén de expresar no pleno municipal as súas “enormes dúbidas” pola “inminente implantación do sistema de control por videovixilancia nas zonas de aparcamento regulado do centro da cidade e temen que poida ter máis afán recaudatorio que de ordenación do aparcamento. Este sistema, que xa se pode ver instalado en diferentes rúas do centro urbano, sorprendeu fai uns días ás persoas usuarias da zona azul.”

 Os populares, denuncian a falta dunha ordenanza previa que regule esta medida, “que está a crear moita desconfianza e incertidumbre entre a veciñanza”, sinala o voceiro popular. Este sistema de videovixilancia - engade - vaise implantar sen ter en conta o asesoramento da policía local, que a día de hoxe, segue sen ter información sobre a posta en funcionamento desta medida. 

 O voceiro popular, Nico Montes, móstrase expectante, pois “todo indica que coa implantación deste sistema búscase controlar o tempo de permanencia dos vehículos na “zona azul” e, polo que parece, o tempo comezará a contar no momento que se acceda co vehículo a esa zona e non cando se estacione.

 A este novo sistema, que suporá un custo de máis 100.000 € ás arcas municipais e que comezará a funcionar de maneira provisional a mediados deste mes de agosto, hai que engadirlle a nova humanización de Augusto González Besada, prevista para os vindeiros meses, que prácticamente eliminará as prazas de aparcamento de toda a rúa, pasando das 46 prazas actuais, a 20, das cales 10 serán de carga e descarga. 

 Este sistema afectará a toda a actual zona azul da cidade tudense, ademáis das rúas Lugo e Compostela, incorporándose no 2025 Casal Aboy, Maristas, Martínez Padín, Colón e parte da avenida da Concordia, mentres dende o equipo de goberno seguen sen ofrecer solucións o grave problema do aparcamento que está a sufrir a cidade despois de ter gastados máis de 200.000 euros no fracasado aparcamento subterráneo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario