3 de ago. de 2024

A GUARDA

O Concello de A Guarda recomenda o desbroce dos ‘plumachos’ 

Para evitar a propagación desa especie exótiva invasora




Infogauda / A Guarda

 O Departamento de Medio Ambiente do Concello de A Guarda recomenda á veciñanza que teña na súa propiedade exemplares da comunmente chamada  “herba da Pampa” (Cortaderia selloana) que desbroce estas ao ras do chan, a ser posible.  

 A “herba da Pampa”é unha especie clasificada como exótica invasora. Esta planta crece moito e rapidamente, polo que pode ser precisa maquinaria pesada para a súa retirada se non se desbroza a tempo. É por iso, polo que se recomenda arrancala da propiedade cando aínda é pequena.  

 Nos meses de agosto e setembro, a planta saca a coñecida “cola de raposo” que solta as sementes, así que é recomendable o seu desbroce antes da expansión da planta.  

 Para máis información: medioambiente@aguarda.es ou no 986 61 00 00.

Ningún comentario:

Publicar un comentario