COMEZA UNHA NOVA ETAPA NA COMUNIDADE DE MONTES DA GUARDA
Agustín Ferreira Lorenzo / A Guarda
Logo do arduo traballo desenvolvido ao longo destes últimos anos por un grupo moi activo de persoas (por citar algunhas: Jorge Alonso Pacheco, Simón Ubeira, Fátima Portela, Bea Mauri, Daniel Alonso, Jairo Correa, Rexá,...), mesmo creando unha plataforma denominada AFECTAD@S COMUNIDADE MONTES DA GUARDA-PLATAFORMA VECIÑAL, preocupadas pola situación na que estaban os montes da comunidade da Guarda e o modo de levala polos anteriores dirixentes, despois de case 5 anos de proceso xudicial, onte comezou unha nova etapa coa elección da nova xunta reitora que estará ao fronte da dita comunidade nestes próximos anos, sendo unha única candidatura a presentada. Teñen un reto moi complicado por diante, porque está todo por facer atopándose cun monte abandonado e enriba sen cartos e con débedas.
A xunta reitora da Comunidade foi elixida pola totalidade dos presentes, agás unha abstención.
A xunta reitora está formada por 9 persoas cos cargos que se distribúen do seguinte xeito:
Presidencia: Noé Ferreira Rodríguez e Leticia González Lorenzo.
Secretaría: Sergio Fernández Rodríguez e Beatriz Mauri Martínez.
Tesourería: Gloria I. Vázquez Castro e Marcolina Núñez Franco.
Vogalía: Marcos Puga Álvarez, Samuel Adrover Álvarez e Jorge Alonso Pacheco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario