3 de ago. de 2024

TOMIÑO

O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE NO CONCELLO DE TOMIÑO VÉN DE PROPOÑER O NOMEAMENTO DE MANU OCHOA COMO TOMIÑÉS DISTINGUIDO


Captura de imaxe de TVE, ao remate da actuación de onte de Manu Ochoa
Foto: Cedida

Infogauda / Tomiño

 A veciñanza do concello de Tomiño, en particular, e a de toda a comarca do Baixo Miño, en xeral, está moi pendente do labor que realice o deportista tomiñés Manuel Ochoa Fernández (Manu), nas Olimpiadas de París, 2024, que compite en kayak cros masculino, e cuxa primeira actuación tivo lugar na tarde de onte venres, 2 de agosto, e que, ao igual que este sábado, día 3, puidemos presenciar con emoción contida, a través de televisión.

 Non é para menos, xa que Manu Ochoa é o primeiro deportista tomiñés que participa nun evento desas características. E para logralo, tivo que prepararse a fondo desde moi mozo, renunciando, en moitos casos, á outras actividades que tamén correspondían as súas etapas vitais. Ese sacrificio, que el vivíu en primeira persoa, ten agora súa compensación debutando como piragüista olímpico. E independentemente dos resultados que logre acadar, sabe que súa familia, amigos e veciños están con el.

 Nesa liña, o grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño, vén de presentar á seguinte inicitiva:

PROPOSTA NOMEAMENTO MANUEL OCHOA FERNÁNDEZ COMO TOMIÑÉS DISTINGUIDO 

 Dona Violeta de Santiago Moure, voceira do Grupo Municipal do Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) no Concello de Tomiño, en representación do mesmo 

EXPÓN: 

Os Xogos Olímpicos de París 2024, oficialmente coñecidos como os Xogos da XXXIIIª Olimpiada e que se están a celebrar nesa cidade francesa dende o 26 de xullo ata o 11 de agosto, son algo máis que unha competición deportiva global e representan un conxunto de valores fundamentais que buscan promover unha mellor sociedade a través do deporte. 

 Por vez primeira no Equipo Olímpico español participa un veciño de Tomiño, o piragüista Manuel Ochoa Fernández na modalidade de kayak cros.

 A traxectoria deste mozo deportista comezou no Club Deportivo Miño - Teixugos acadando importantes logros como, entre outros, o primeiro posto na Copa do Mundo 2024 en K1 Cros celebrada en Praga ou o segundo posto en 2022 na Copa do Mundo de Cracovia. 

 Por todo o exposto, o grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

SOLICITA: 

 Nomear ao piragüista Manuel Ochoa Fernández como Tomiñés Distinguido nas vindeiras Festas do Alivio a celebrar en setembro de 2024. 

 Tomiño, a 1 de agosto de 2024 

A portavoz do PSdeG-PSOE 

Asdo.: Mª Violeta de Santiago Moure

Ningún comentario:

Publicar un comentario