2 de ago. de 2024

A GUARDA

“Mirando A Guarda”

Exposición de fotografía, na praza do Reló  

 

As fotografías finalistas do I Concurso de Fotografía Mirando A Guarda xa se poden admirar na praza do Reló
Foto:C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Xa se poden admirar na praza do Reló as fotografías finalistas do I Concurso de Fotografía Mirando A Guarda.  

 Son un total de 15 fotografías, cinco para cada categoría de participación: Costiña, para as fotografías en branco e negro; Mazaracos, para as fotografías de paisaxes ou localizacións de A Guarda; e Libertimaxe, categoría con temáticas e técnicas libres, permitindo a fotomontaxe. As fotografías permanecerán na praza do Reló durante todo o mes de agosto.   

 No Concurso de fotografía “Mirando A Guarda”, que se realizou por primeira vez neste 2024 durante os meses de maio e xuño, presentáronse un centenar de fotos dun total de corenta e un participantes de toda España. 

 Desde o Concello de A Guarda agradecen o interese e esforzo demostrado por tódolos participantes.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario