22 de xul. de 2024

TUI

O patrimonio arqueolóxico centra mañá a vista guiada do Instituto de Estudos Tudenses   

O arqueólogo Benito Vilas conducirá o percorrido “Arqueoloxía no Alto do Coello e Rozacús”


Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Mañá martes, 23 de xullo, terá lugar a segunda visita do ciclo “Coñecendo o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses. Nesta ocasión estará centrada na “Arqueoloxía do Alto do Coello e Rozacús” na parroquia de Randufe. Esta visita estará a cargo do arqueólogo Benito Vilas Estévez, que foi o responsable da intervención realizada neste espazo no ano 2020, e que sinala que este xacemento ten a singularidade de presentar exemplos de diferentes épocas nun mesmo espazo: hai figuras xeométricas, naturalistas e ata medievais. Hai pedras dende a Idade do Bronce ata a Idade media, testemuñas da arte dende hai 6.000 anos.  

 A visita dará comezo ás 20.30 horas no propio Alto do Coello na parroquia de Randufe. Esta visita conta coa colaboración da Comunidade de Montes en Man Común de Randufe e o Concello de Tui.  

 Este programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” está organizado polo  Instituto de Estudios Tudenses, co obxectivo de difundir o amplo acervo patrimonial que atesoura a nosa cidade. As visitas son realizadas por especialistas do propio Instituto, contando coa colaboración do Concello de Tui.  

 O aforo para estas visitas é limitado e a inscrición é gratuíta a través do correo: biblioteca@tui.gal  indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e visita elixida (enviando unha mensaxe por cada ruta).  

 Para a concelleira de Turismo tudense, Ana María Núñez Álvarez, este ciclo de visitas guiadas é unha excepcional oportunidade de achegarse ao patrimonio tudense, descubrindo novos aspectos do mesmo, que redundará nunha maior valoración e respecto polo segundo conxunto monumental de Galicia. Ana Núñez destaca a excelente acollida deste ciclo de visitas guiadas como testemuña o feito de que a demanda de inscrición foi moi alta con varias visitas con poucas prazas libres nestes momentos.     

O programa de visitas é o seguinte:     

Martes 23 de xullo  

“Arqueoloxía no Alto do Coello e Rozacús”, por Benito Vilas, arqueólogo.  

Inicio: Alto do Coello – Randufe, 20,30 horas.    

Mércores 31 de xullo  

“El proceso constructivo de la catedral tudense a través de su exterior”, por Marta Cendón Fernández, profesora da USC.  

Inicio fachada norte da catedral (rúa Párroco Manuel Rodríguez Vázquez) – 20,30 h.     

Xoves 8 de agosto  

“Transformacións da cidade de Tui a través dos seus recintos amurallados”, por Juan José Perles Fontao, arqueólogo.  

Inicio: praza do Concello – 20,30 h.     

Martes 13 de agosto:  

“Santo Domingo de Tui, ejemplo de arquitectura mendicante en Galicia“, por Carmen Manso Porto, de la Real Academia de la Historia.  

Inicio: igrexa de San Domingos – 20,00 h.    

Martes 20 de agosto  

"Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II", por Suso Vila, doutor en historia da arte pola USC.  

Inicio: oficina municipal de Turismo (Paseo da Corredoira) – 20,00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario