24 de xul. de 2024

TOMIÑO

A praza do Seixo de Tomiño será o escenario este venres 26 de xullo do Encontro dos Pobos  

Esta cita reunirá a grupos locais e internacionais nun encontro que pon en valor a música e a multiculturalidade  




Infogauda / Tomiño

 Todo listo en Tomiño para acoller o vindeiro venres 26 de xullo, ás 22.00h, na praza do Seixo, a XXIX edición do Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo de Baile e Gaitas “Do Lusco ó Fusco”, coa colaboración do Concello. 

 Este festival achegará baile e música tradicionais, nunha cita de balde para todos os públicos, que está encadrada dentro das xornadas na Guarda, O Rosal e Oia, dentro da mesma programación. 

 A unión e o intercambio cultural que se produce, é sen dúbida o elemento diferenciador desta iniciativa, na que participará en nome de Tomiño o grupo local “Virxe do Alivio”, que estará acompañado tamén polos organizadores do evento, o grupo “Do Lusco ó Fusco” de A Guarda. 

 Ademais, o toque internacional da noite virá da man de “Ensemble Dido”, que chegarán dende Serbia para sorprender aos asistentes e aportar un son único e diferente. 

 Este evento, ao que será seguido pola cita de Oia (27 de xullo) é unha mostra máis da riqueza cultural e musical da contorna, e unha oportunidade fantástica para todas as persoas que se acheguen de disfrutar dunha actividade moi enriquecedora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario