24 de xul. de 2024

A GUARDA

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE A GUARDA

Para o día 3 de agosto de 2024, ben na Casa dos Alonso (actual concello) ben na Praza do Reló. Será en primeira convocatoria ás 14h e en segunda convocatoria ás 16h


Vista de A Guarda desde o Monte Santa Trega
Foto: infogauda

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, mércores 24 de xullo de 2024, recibimos na redacción deste xornal dixital transfronteirizo, á seguinte convocatoria:

Na Guarda a 23 de xullo de 2024. 

 Pola presente, e de acordo ao establecido na lexislación vixente, así como nos estatutos da Comunidade de Montes en Man Común da Guarda, convócase Asemblea Xeral Extraordinaria desta entidade, para o día 3 de agosto de 2024, ben na Casa dos Alonso (actual concello) ben na Praza do Reló. Será en primeira convocatoria ás 14h e en segunda convocatoria ás 16h. 

 Os puntos do día a tratar, a falta de outras posibles propostas, serán os seguintes: 

1-. Tramitación de solicitude de novas altas de comuneiras/os, aprobación e recoñecemento da condición de comuneira/o para aqueles que cumpran os requisitos*  Tramitación de baixas. Actualización do censo de comuneiras/os. 

2-. Elección de nova Xunta Rectora ** 

3-. Preguntas, suxerencias, rogos e outros. 

Nota: a través do correo electrónico montedaguarda@gmail.com, poderase achegar a proposta de novos puntos do día, novas solicitudes de alta ou calquera outra cuestión relacionada con esta asemblea ou coa comunidade. 

Presidente da Comunidade de Montes da Guarda  

Daniel Alonso Pérez 


* Residencia habitual na parroquia da Guarda, maior de idade, e non duplicar representación da unidade económica e de consumo. 

** Para presentar unha candidatura, poderase facer a través do correo electrónico montedaguarda@gmail.com. Enviando un correo no que figuren as/os membras/os da candidatura, así como os cargos de cada unha delas/es. 

 A data límite para presentar unha candidatura será o venres 2 de agosto ás 23h59.

Ningún comentario:

Publicar un comentario