25 de xul. de 2024

A GUARDA

EFECTIVOS DA GUARDIA CIVIL EFECTÚAN LABORES DE VIXIANCIA NO MONTE SANTA TREGA

E tamén no Camiño Portugués pola Costa


Dous dos axentes da Guarda Civil no monte Santa Trega
Foto: José Fernando Martínez Martínez
 

Infogauda / A Guarda

 Como noutras ocasións precedentes, no día de hoxe unha unidade móbil, tres axentes da Guardia Civil e dous cabalos, estiveron no monte Santa Trega efectuando servizo de vixiancia. 

 "Non é a primeira, nin a segunda vez que os atopo. Bo labor", dixo a Infogauda, José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos. 

 Asemade, temos constatado en varias oportunidades, a presenza deses efectivos da Guardia Civil no Camiño Portugués pola Costa, a seu paso polo concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario