O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU UN ACORDO DE COLABORACIÓN
Entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (actualmente Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e a Asociación San Xerome Emiliani
Infogauda / A Guarda
No Consello da Xunta de Galicia, celebrado no día de hoxe en San Caetano, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, deu conta, entre outros, do seguinte:
Acordo polo que se autoriza a sinatura dunha addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (actualmente Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) e a Asociación San Xerome Emiliani para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR San Xerome Emiliani, polo importe máximo de noventa e cinco mil setecentos noventa e nove euros con sesenta céntimos (95.799,60 €).
Ningún comentario:
Publicar un comentario