Do Lusco ó Fusco organiza o XXIX Encontro dos pobos
O mércores 24 de xullo, ás 20:30 horas, na praza de san Bieito
Infogauda / A Guarda
O mércores 24 de xullo, ás 20:30 horas, na praza de san Bieito, a asociación Do Lusco ó Fusco organiza o XXIX Encontro dos pobos, caracterizado, desde seus comezos, pola presenza e participación de grupos tradicionais procedentes doutros países.
Nesta edición, Do Lusco ó Fusco convidou a Ensemble Dido, de Serbia. Ademais deles, tamén actuará o grupo guardés Vento Mareiro, e por suposto, o grupo anfitrión Do Lusco ó Fusco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario