5 de xul. de 2024

A GUARDA

A escola Dansá marcha a Países Baixos 

Á final do Global Dance Open  

 

O alcalde de A Guarda, co director e compoñentes da escola Dansá
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 A escola Dansá viaxará este domingo a Apeldoorn (Países Baixos) para competir na final do Global Dance Open. "Desde o Concello dámoslle todo o noso apoio, xa que seguro que representarán A Guarda da mellor maneira posible", indican desde o goberno municipal de A Guarda.   

 A competición desenvolverase entre os días 9 e 14 de xullo. Compiten máis de 40 países, e a escola Dansá é a única escola galega de danza que acude á final. Na ronda clasificatoria de España conseguiron pasar a todas a súas categorías, mais finalmente só 7 persoas do grupo de baile poderán acudir.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario