12 de xul. de 2024

A GUARDA

Galifornia Beat 

Os días 2 e 3 de agosto terá lugar a sexta edición do Galifornia Beat, dous días repletos de música, actividades e moito patinaxe

Un dos pratos fortes vai ser a exhibición de moto trial a cargo de Gabriel Marcelli


O alcalde e membros do gberno municipal de A Guarda, con representantes da organización do Galifornia Beat
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Galifornia Beat naceu da crecente demanda das novas xeracións (nenos e nenas, adolescentes) en deportes urbanos, que se une á xa asentada afección a patinar na vila de A Guarda.  

 Novas e xa crecentes xeracións, unidas por un deporte, que ademais comparten tamén unha destacada afección musical e espertar artístico. 



 A música desde logo que estará presente case de forma continua coa gran grella de actuacións e picadiscos, mentres se espera o show de batalla de galos.  Aínda que haberá competicións, o Galifornia está aberto a todos/as con numerosos talleres.   

 Un dos pratos fortes vai ser a exhibición de moto trial a cargo de Gabriel Marcelli, terceiro do mundo o ano pasado. E se se vos abre o apetito, teredes postos de comida e bebida.  

 Os días 2 e 3 de agosto terá lugar a sexta edición do Galifornia Beat, dous días repletos de música, actividades e moito patinaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario