15 de xuño de 2024

VIGO

COMUNICADO CONXUNTO REPRESENTACIÓN SINDICAL DA EMPRESA SALUSER-EMERSAN   

PERSOAL DO 061 DA ÁREA DE VIGO ESIXE Á XUNTA O PAGO DA SÚA LIQUIDACIÓN E DAS DÉBEDAS PENDENTES   


Redacción / Vigo

 A representación sindical de CIG, CCOO e USO reuniuse onte con responsables do 061 e co persoal da empresa pública Tragsa que prestará apoio técnico á Consellería de Sanidade na intervención da empresa “Ambulancias do Atlántico”.  

 Esta xuntanza estaba incluída na demandas do persoal do 061, que tras cambiar de empresa concesionaria de “Ambulancias do Atlántico” a “Saluser-Emersan”, aínda teñen pendente o abono da liquidación por cambio de empresa, así como determinadas débedas en concepto de atrasos por nóminas mal calculadas dende xaneiro de 2024.  

 En cumprimento do esixido polas 3 centrais sindicais, porase en marcha unha oficina de atención ao persoal traballador para resolver problemas de cálculo de nóminas. Esta oficina comezará a funcionar na vindeira semana en horario de 08:00 a 15:00 e se espera que estea situada en dependencias do Hospital Nicolas Peña de Vigo. Ademais da atención en persoa, poderase contactar mediante un teléfono e un enderezo electrónico que se dará a coñecer a vindeira semana.  

 Para a CIG, CCOO e USO esta medida é totalmente insuficiente e supón tan só asumir un dos puntos do acordo alcanzado na reunión anterior. Por este motivo solicitaron a administración que no prazo máximo de 3 días hábiles se lles dea a seguinte información:  

1. En que prazo se calculará o importe da liquidación ao persoal traballador que finalizou a súa relación contractual con “Ambulancias do Atlántico” e traballan agora para “Saluser-Emersan”.  

2. Si “Ambulancias do Atlántico” conta con liquidez suficiente para afrontar o abono da liquidación e en caso contrario como fará a Xunta para garantir o abono dese importe.   

3. De que maneira se refarán as nóminas dende xaneiro a maio de 2024 para calcular á debede pendente en concepto de atrasos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario