28 de xuño de 2024

TOMIÑO

O Rallymix Serra do Argallo-Figueiró encherá Tomiño de equipos e afección  

Organizado pola A.D. Cantera Competición en colaboración do Concello e a Comunidade de Montes de Figueiró, celebrarase do 28 ao 30 de xuño  


 Presentación do Rallymix Serra do Argallo-Figueiró
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 A paixón polo motor chega esta fin de semana a Tomiño. A A.D. Cantera Competición organiza en colaboración co Concello e coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Figueiró, a primeira edición do Rallymix Serra do Argallo – Figueiró Concello de Tomiño, a terceira cita do autonómico de rallymix e unha proba que nace con vocación de continuidade nunha modalidade deportiva que conta cada vez con máis seguimento.  

 Deste xeito, do 28 ao 30 de xuño, a parroquia de Figueiró encherase de equipos e de afeccionados e afeccionadas para desfrutar de tres xornadas de competición nun certame cun tramo máis corto do habitual que fará que as diferenzas entre participantes sexan aínda máis axustadas. 

A competición comezará este venres 28 pola tarde noite coas verificacións optativas para dar paso o sábado á primeira das tres pasadas previstas a partir das 14.30 horas. Xa o domingo a carreira comezará ás 08.30 horas nunha xornada na que haberá tres novas pasadas e fin de festa a partir das 13.45 horas na Praza da Casa Rectoral, de Figueiró. 

 Dende o Concello convídase a toda a veciñanza a achegarse ata Figueiró para desfrutar desta carreira deportiva con todas as precaucións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario