13 de xuño de 2024

OIA

O Concello de Oia comezou a renovación do parque infantil de Mougás   

 

Actualmente están en marcha os traballos de renovación do equipamento situado en Mougás
Foto: C.O.


Infogauda / Oia  

 Dentro das diversas actuacións que o Concello de Oia vén realizando nos últimos anos co obxectivo de manter en bo estado os parques infantís existentes no municipio, actualmente están en marcha os traballos de renovación do equipamento situado en Mougás.  

 A actuación consiste na desmontaxe dos xogos actuais para poder colocar un novo pavimento con capacidade de absorción de impactos, novos xogos aptos para diferentes idades e unha valla de delimitación do parque infantil. Entre outros equipamentos, colocaranse bambáns, torres de xogos con escalada, instalacións xiratorias e de resorte.   

 Os traballos teñen un prazo de execución de dous meses e fináncianse a través dunha subvención do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra de 45.044 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario