10 de xuño de 2024

O ROSAL

O Rosal vai estrear os ‘Faladoiros de Xardín’ para visibilizar a diversidade  

O primeiro encontro celebrarase este xoves 13, no que a sexóloga Erea Devesa abordará a diversidade de identidades  




 Infogauda / O Rosal

 O Rosal visibiliza a diversidade e traballa a prol da igualdade co estreo dos seus ‘Faladoiros de Xardín’, encontros deseñados para crear un espazo seguro no que visibilizar, explorar e sentir a diversidade. Estes faladoiros, que terán lugar no xardín traseiro do Concello, celebraranse todos os xoves do mes de xuño con entrada de balde e libre. 

 A primeira charla será o vindeiro día 13 da man da sexóloga Erea Devesa, que afondará co público asistente sobre ‘Identidades diversas, realidades invisibles’. A experta explicará como a diversidade fai referencia a todas todas as posibilidades que teñen as persoas de poder vivir e expresar a súa sexualidade, incluíndo a expresión de xénero, orientacións e identidades.  

 Como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, coa organización deste ciclo de charlas “seguimos fomentando un concello máis inclusivo e respectuosos. E estes encontros son unha excelente oportunidade para informar, educar e sensibilizar á veciñanza sobre a importancia do respecto ás diferentes identidades que hai”.  

 O seguinte faladoiro será o xoves 20 de xuño con Teresa Calvo, pediatra e especialista en detección de abusos sexuais na infancia e na adolescencia que protagonizará a charla ‘Ollos que non queren ver’. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario