Charla sobre a capela da Virxe de Fátima
• O domingo, 16 de xuño, ás 18.00 horas
• E ás 18.30, un concerto do Coro Xuvenil “I Bimbi Apassionati”, de Vigo
Antón Ferreira Lorenzo / A Guarda
O domingo, 16 de xuño, terá lugar na igrexa parroquial da Asunción de Santa María da Guarda unha pequeña charla sobre a capela da Virxe de Fátima co gallo do 75 aniversario da chegada da imaxe a esta localidade. Será ás 18.00 horas, á que seguirá, ás 18.30, o concerto do Coro Xuvenil “I Bimbi Apassionati”, de Vigo. O acto está organizado pola parroquia, coa colaboración do Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.
O relator, Antón Ferreira, historiará as orixes desta capela, hai 428 anos. Falará dos distintos nomes que foi tendo a hoxe capela da Virxe de Fátima que naceu como capela da Santísima Trindade; as persoas, laicas e clérigos, relacionadas coa mesma, o periodo de decadencia, as visitas dos bispos de Tui coas recomendacións dadas, algunhas das imaxes que a ocuparon, e a chegada da imaxe á vila da Guarda en 1949, coa participación do entón alcalde, Ermelindo Portela Gómez, e a representación previa desta localidade en Cova de Leiría, presidida por Agustín Nandín Lomba e o industrial Pedro Saracho Arechavala, así como a mención a presenza á Virxe Peregrina, en 1948.
Ningún comentario:
Publicar un comentario