BALONMÁN DHF
Elena Amores seguirá deleitando á afección guardesa
A extremo esquerdo cumprirá a súa terceira tempada no club do Baixo Miño
Tras un curso sobresaliente, sela a súa continuidade por outra campaña na que deixar a súa pegada
Redacción / Deportes
O Mecalia Atlético Guardés asegurou a continuidade de Elena Amores para a próxima tempada 2024/25. Deste xeito, o club do Baixo Miño garante a permanencia dun xogadora determinante, que seguirá deleitando á afección guardesa coas súas xogadas de altos voos.
Nas súas dúas tempadas no equipo, a extremo esquerdo disputou minutos en 50 partidos da liga Guerreiras Iberdrola. Neste último curso, os 77 goles que acumulou na competición regular e nas posteriores fases de eliminatoria demostraron o seu altísimo rendemento e contribución no plano ofensivo, aínda que o seu talento tamén é superlativo en defensa, onde cumpriu con fartura esta campaña.
A petrerí convértese na undécima renovación do Club Balonmán Atlético Guardés. Deste xeito, compartirá proxecto con: Míriam Sempere, Ania Ramos, María Sancha, Cristina Cifuentes, África Sempere, María Palomo, Cecilia Cacheda, Blazka Hauptman, Itziar Martínez e Estela Carrera. Ás xogadoras habituais súmanse as dúas fichaxes xa anunciados: Elena Martínez e Jazmín Mendoza.
Elena Amores: “É unha oportunidade para seguir crecendo”
“Síntome moi contenta e agradecida ao club de que conten un ano máis comigo”. Son as primeiras palabras de Elena Amores tras a súa renovación co club do Baixo Miño. A xogadora preterí sinala que continuar no Guardés “é unha oportunidade moi boa para seguir crecendo”. Na súa decisión de seguir vinculada ao equipo influíu, sobre todo, “o grupo que temos e o bo ambiente”, destaca. A extremo esquerdo márcase como obxectivo “loitar polo máis alto e poder competir por todo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario