LEVADA LIBRE ORGANIZA UNHA HOMENAXE AOS ASASINADOS POLO FRANQUISMO
• Será o sábado día 13 de abril, ás 6 da tarde na Volta da Moura (Guillarei)
Levada Libre / Guillarei (Tui)
O vindeiro sábado día 13 de abril, ás 6 da tarde, voltaremos a xuntarnos na Volta da Moura para honrar aos alí asasinados polos rebeldes fascistas españois, monárquicos (alfonsinos e carlistas) contra a legalidade republicana. Os rebeldes contaron coa axuda de Hitler, Mussolini, Salazar,...
A II República representaba o avance social do pobo, en xustiza, liberdade e dereitos humanos. Era a democracia e o afán de perfeccionala entre todos día a día. Demasiado para algúns,...
Coma sempre haberá música, poesía e moito cariño.
Saúde, fraternidade e amor.
Con Palestina no corazón e o noso non as guerras.
Vémonos alí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario