9 de abr. de 2024

TUI

Apertura das inscricións para participar no Campamento de Verán, Tui 2024 

 Do 29 de abril ao 10 de maio realizarase as inscricións para as catro quendas dispoñibles no verán




Infogauda / Tui

 Do 29 de abril ao 10 de maio, o Concello de Tui terá aberto o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2024, que se celebrará en catro quendas, nos meses de xullo e agosto.  

 Este campamento vai destinado aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda). 

 O Campamento de Verán "Igual é + Tui 2024" ten por obxectivos, por unha banda ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos nenos e nenas, e por outra facilitar aos pais, nais ou titores e titoras, unha opción de conciliación da vida familiar e laboral.  

 O Campamento incorpora nas actividades a realizar a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, nos nenos e nenas participantes, en aras a acadar unha igualdade real e efectiva na sociedade do futuro.  

 A primeira quenda será do 1 ao 15 de xullo, a segunda do 16 ao 31 de xullo, a terceira do 1 ao 16 de agosto e a cuarta, do 19 ao 30 de agosto. O horario do campamento será de 09.00 a 14.00 horas, con opción de aula matinal dende as 07.45 horas e aula de sobremesa ata as 15.15 horas. O prezo será o mesmo que nos anos anteriores, 30,56€ por participante e quenda.  As inscricións poderán facerse nas datas previstas, a través da sede electrónica do Concello de Tui o de forma presencial no rexistro do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas.  

 Toda a documentación poderá descargarse da páxina web do Concello de Tui, ou recollela na secretaría do Concello de Tui.  

Campamento de Verán 2024 

- Solicitude  Campamento de Verán 2024 

- Condicións Xerais 

Ningún comentario:

Publicar un comentario