17 de abr. de 2024

DEPORTES

Dous primeiros postos para os membros da Asociación San Xerome Emiliani no XXVIII Campionato Galego de Natación Adaptada 

 A competición tivo lugar este mércores 17 de abril, de 10:30 a 14:00h, na Piscina Municipal de Mos


Foto: A.S. X.

Redacción Deportes / A Guarda

 Despois duns meses de moito esforzo e traballo, os membros da Asociación San Xerome Emiliani, de A Guarda proclamáronse campións en dúas probas do XXVIII Campionato Galego de Natación Adaptada. De maneira individual, unha das persoas usuarias levou o primeiro posto na categoría 50 metros libres Adaptada masculina e, de maneira grupal, lograron outra primeira posición na proba de substitucións. 

 A competición - organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado - celebrouse este mércores 17 de abril, de 10:30 a 14:00h, nas instalacións da Piscina Municipal de Mos. A entidade guardesa estivo representada por 15 integrantes que participaron en diferentes categorías. Tres deles competiron en categoría Xogo masculina 25 metros libres, e sete en 50 metros libres Adaptada. Na mesma modalidade - 50 metros libres Adaptada - participaron tres usuarias en categoría feminina. 

 Outro dos participantes competiu conxuntamente na categoría 50 metros libres Adaptada e 50 metros Braza Adaptada. De maneira grupal, a Asociación San Xerome estivo representada por dous equipos masculinos en substitucións, un deles gañador da proba. 

 Logo de poñer toda a súa enerxía e esforzo na competición, o grupo da Asociación San Xerome saíu satisfeito co traballo realizado nas probas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario