17 de abr. de 2024

A GUARDA

CURSO DE INICIACIÓN Á CERÁMICA 

 Como comezo dun mes de maio cheo de actividades organizadas pola OMIX de A Guarda 




Infogauda / A Guarda

 Co obradoiro de iniciación á cerámica a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), do Concello de A Guarda vai abrir un mes de maio cheo de accións socioeducativas pensadas para o tempo de ocio da veciñanza.  

 Este obradoiro pretende achegar ás persoas participantes as diferentes técnicas cerámicas para que poidan realizar a súa propia peza, dentro das súas habilidades e gustos e coa supervisión dunha profesional que será a que coordine todo o proceso.   

 A realización do obradoiro será durante os días 4 e 11 de maio, das 10:00 ata ás 13:00 horas.

 As prazas son limitadas e o curso totalmente gratuíto.  

 Así que, as persoas interesadas terán que inscribirse na OMIX de A Guarda, a través do enderezo electrónico informacion@aguarda.es ou a través do teléfono 986 610 000 

Ningún comentario:

Publicar un comentario