5 de abr. de 2024

CULTURA

O novo volume do Centro de Estudos Galegos do Algarve analiza as consecuencias da teoría das orixes celtas de Galicia 

 O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación do libro de María Xesús Lama López 


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación do libro Apropiación cultural e contradiscurso histórico. A materia artúrica na literatura galega, da filóloga e profesora María Xesús Lama López

Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela 

 O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación do libro Apropiación cultural e contradiscurso histórico. A materia artúrica na literatura galega, da filóloga e profesora María Xesús Lama López. Dividida en dous volumes, a obra fai un seguimento das consecuencias da teoría das orixes celtas de Galicia a través da conexión coa materia artúrica medieval do século XX. 

 A obra enmárcase na Colección Textos e Estudos, dirixida desde 2017 polos profesores Pedro Alfonso Ferré da Ponte e María Jesús Botana desde o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve, que conta co apoio da Xunta de Galicia. 

 O libro defende a tese de que o desenvolvemento da creación en prosa en Galicia propicia unha mirada cara á prosa da Idade Media e as orixes do xénero novelesco pola conexión coa tradición céltica. Partindo desta teoría, o traballo analiza os textos galegos máis significativos da produción literaria galega do século XX que utilizan os temas e motivos da materia de Bretaña nunha secuencia cronolóxica que pasa por autores como Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario